jueves, 21 de marzo de 2024
lunes, 18 de marzo de 2024
Visitas de escritor@s e ilustrador@s!!
Ola peques e familias!! A última semana de febreiro estivo chea de VISITAS DE ESCRITOR@S E ILUSTRADOR@S grazas a Libria que non para de conseguir actividades chulísimas grazas aos seus contactos!! A primeira en visitar aos compis de quinto foi ANDREA MACEIRAS!! Ten unha historia alucinante arredor do libro "A FOLLA AZUL" centrada no medio ambiente e no seu coidado!! É sempre un gusto escoitala, aprender dela e que nos agasalle coa súa orixinal sinatura nos nosos libros!! Grazas un curso máis, Andrea!!O seguinte en visitar aos nosos compis de terceiro foi FRAN ALONSO!! O seu libro "O MEU GATO É UN POETA", escrito en verso sempre triunfa!! E as súas entretidas charlas tamén!! Por non falar das adicatorias personalizadas e moi creativas coas que nos sorprende en cada un dos nosos libros!! Grazas Fran!!E os compis de primeiro tamén recibiron a visita do ILUSTRADOR CARLOS TABOADA: "PIN", que forma parte de "POLO CORREO DO VENTO". Os seus debuxos nos contos de "AMARANTA, A CARTEIRA SARAMAGANTA" e "XELO, O CARTEIRO XURELO", téñennos alucinad@s!! Pero gozar da súa arte en directo e ter a sorte de que nos guiase paso a paso para realizar nós os debuxos foi...INCRIBLE!! No seguinte enlace podedes ver máis detalles da visita, moi relacionada co proxecto de ARTE E CONVIVENCIA deste curso!! Grazas Pin!!
BLOG DE PRIMEIRO
GRAZAS A TOD@S POR ENCHER DA ARTE DA ESCRITURA E A ILUSTRACIÓN O NOSO COLE POR UN RATIÑO!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)