ADEMÁIS COÑECEMOS AS RESPOSTAS MÁIS OCORRENTES DA PREGUNTIÑA QUE LIBRIA NOS FIXO.
domingo, 23 de febrero de 2014
AXUDANTES DA SEMANA
IGUAL PENSABADES QUE ESQUECERAMOS COLGAR AS FOTOS DOS AXUDANTES DE LIBRIA. ESTA SEMANA PASADA FORON AINHOA OUBEL E LARA PIÑEIRO DE 5º B E ANDREA CORES E LAURA MOROÑO DE 5ºA.
viernes, 21 de febrero de 2014
ACTIVILANDIA
ESTE PARQUE TEMÁTICO VIRTUAL PRETENDE ENSINARNOS QUE UNHA ALIMENTACIÓN EQUILIBRADA E A PRÁCTICA DE EXERCICIO SON HÁBITOS SAUDABLES E DIVERTIDOS.
É UN PROXECTO POSTO EN MARCHA POLA AXENCIA ESPAÑOLA DE SEGURIDADE ALIMENTARIA E NUTRICIÓN (AESAN). ENTRA E DIVIRTETE!
martes, 11 de febrero de 2014
ALIMENTANDO A PAZ
O 30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ, O ALUMNADO DE 6º ANALIZOU A RELACIÓN QUE TEN A PAZ COA ALIMENTACIÓN, TEMA DAS ACTIVIDADES DA BIBLIO ESTE ANO.
DESCUBRIRON QUE MENTRAS UNHA PARTE DA POBOACIÓN MUNDIAL PASA FAME, O PRIMEIRO MUNDO DESPILFARRA ALIMENTOS SEN PARAR E, CLARO ESTÁ, E MOI DIFÍCIL VIVIR EN PAZ CON ESTAS INXUSTIZAS, XA QUE TIRAMOS DE MEDIA 100 KILOS DE COMIDA Ó ANO POR PERSOA , E CON ISTO PODERÍAMOS ALIMENTAR A MÁIS DUN MILLÓN DE PERSOAS
LOGO DE VER UN DOCUMENTAL, BUSCAR INFORMACIÓ E ANALIZAR O PROBLEMA NUN DEBATE MOI ANIMADO, CHEGAROMOS ÁS SEGUINTES CONCLUSIÓNS:
- MOITO COIDADO COS ALIMENTOS DE PANADERÍA E FROITERÍA, XA QUE SON OS QUE MÁIS SE DESPILFARRAN.
- É BO FACER A LISTA DA COMPRA E COMPROBAR NA CASA SE NON TEMOS O QUE PRECISAMOS ANTES DE MERCAR, XA QUE O ACABAREMOS DESBOTANDO.
- COMPROBAR A FECHA DE CADUCIDADE Á HORA DE MERCAR ALIMENTOS.
- ESTÁ MOI BEN COLABORAR CON ONG´S QUE AXUDAN A REPARTIR OS ALIMENTOS.
- GUSTARÍANOS QUE OS GOBERNOS TOMASEN MEDIDAS NA PRODUCCIÓN E NOS COMEDORES PÚBLICOS PARA QUE NON DESPERDICIEN A COMIDA.
- EXISTE UNHA ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS," FAO", QUE FIXO RECOMENDACIÓNS QUE DEBERÍAN SEGUIR OS PAISES CONTRA O DESPILFARRO ALIMENTARIO
- TEMOS QUE CONSUMIR RESPONSABLEMENTE PARA PODER REPARTIR MELLOR AS RIQUEZAS.
sábado, 8 de febrero de 2014
A PREGUNTIÑA CURIOSA
ESTA SEMANA FOI MOI ESPECIAL. LIBRIA ESTÁ CONTENTÍSIMA!!!!
POR FIN COMEZOU A FACER AS SÚAS PREGUNTIÑAS CURIOSAS E PARECE SER QUE A TODOS VÓS ENCANTOUVOS A IDEA.
LEMBRADE QUE LIBRIA QUERE A RESPOSTA MÁIS ORIXINAL. ANIMÁDEVOS!!!
AXUDANTES DE LIBRIA
ESTA SEMANA DEBIDO AO MAL TEMPO SÓ PUIDEMOS ABRIR A BIBLIOTECA 3 RECREOS. PRECISAMOS SÓ DOUS AXUDANTES QUE O FIXERON MOI BEN. FORON DANIEL RÍOS E ADRIÁN REY DE 3º C.
miércoles, 5 de febrero de 2014
HORARIO DE MERENDAS
AQUÍ VOS DEIXAMOS O HORARIO DE MERENDAS DE LIBRIA. SABEMOS QUE ÁS FAMILIAS PARECEUVOS MOI BOA IDEA. NON ESQUEZADES PEGALO NA NEVEIRA....
MENUDA SORPRESA!!
AÍNDA NON SAIMOS DO NOSO ASOMBRO.HOXE RECIBIMOS UNHA VISITA SORPRESA. ESCOITAMOS UNS CASCABEIS E DE SÚPETO, LIBRIA ESTABA NA NOSA CLASE.
VEUNOS LEMBRAR AS NORMAS DA BIBLIOTECA E TAMÉN A REPARTIR O NOVO HORARIO DE MERENDAS. XA QUE ESTAMOS A FALAR DA ALIMENTACIÓN, QUE MELLOR MANEIRA DE FACELO QUE CUNS HÁBITOS SAUDABLES NA ESCOLA!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)