viernes, 25 de abril de 2025

Semana do Libro!!

Ola peques e familias!!

Por fin chegou o DÍA DO LIBRO!! O 23 de ABRIL!!

Aínda que no cole xa o levamos celebrando dende principio de mes!! Xa lemos o libro que nos agasallou Libria e fomos ao espectáculo de títeres todo o cole!! Pero ademais Libria e o seu equipo levan tempo preparando máis actividades!! 

Durante esta semana tivemos CONTACONTOS na biblio nos recreos que prepararon os/as voluntarios/as de Libria!! 

Escolleron contos con personaxes TRADICIONAIS pero... moi orixinais!! Fixérono xenial!! 



Tamén invitaron aos peques de Educación Infantil na hora de lectura para a mesma actividade!! Estiveron superatentos/as/ por iso Libria deulles uns agasalliños!!


O venres a actividade do recreo foi BIBLIO PATIO!! Ler no exterior con este bo tempo... como presta!! Grazas Libria pola oportunidade!!

E ademais... NOVA SORPRESA dende a biblioteca!! As/os carteiras/os da biblio visitáronnos para presentarnos unha actividade moi chula relacionada co proxecto deste curso!!


No DÍA DO LIBRO hai unha TRADICIÓN extendida, sobre todo, noutras zonas de España que propón agasallar cun LIBRO E UNHA ROSA.

 Pois Libria colleu a idea e preparou unha actividade para todo o cole adaptada á nosa terriña. 

Repartiu lotes de marcapáxinas para todo o alumnado cunha estrofa dunha canción sobre a CHORIMA (a flor do toxo) e propuxo ilustralo de maneira creativa!!

Mirade algunhas das creacións que lle chegaron a Libria!!

Aquí unhas cancións preciosas sobre esta plantiña que soaron no timbre esta semana!!

CANCIÓN CHORIMA - GRUPO SARAIBAS

ALECRÍN DOURADO

Esta semana tamén houbo moitos momentos de LECTURA NO PATIO aproveitando o bo tempo e tiveron lugar xuntanzas dos APADRIÑAMENTOS LECTORES entre aulas!! Preciosa imaxe!! 


Foi unha semana estupenda!! 

Pero recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO" 

Apertiñas lectoras!!

jueves, 17 de abril de 2025

A biblioteca galáctica contra a IA fantástica!!

Ola peques e familias!! 
Libria este curso comezou a celebración do MES DO LIBRO a última semana do trimestre!! Despois de ler todo o cole o libro que nos agasallou "A BIBLIOTECA GALÁCTICA CONTRA A INTELIXENCIA ARTIFICIAL FANTÁSTICA" estabamos preparados para asistir ao GRAN ESPECTÁCULO!! 
Pero xa anunciara que tiña unha SORPRESA antes de marchar e así foi!! Visitounos o autor do conto CARLOS LABRAÑA!!
 Quedamos alucinados/as!! El asinou os libros e fixo fotos con todo o cole!! Foi unha visita estupenda!! Aquí quedan algunha fotiños de grupo que lle chegaron a Libria!! 
Despois disto chegaba o GRAN MOMENTO de poñer camiño para o AUDITORIO DA ILLA DE AROUSA todo o alumnado e profesorado do cole!! 
Alí nos esperaba o GRUPO DE TEATRO TANXARINA co seu gran espectáculo!! 
Que ben o pasamos!! Encantounos!! Cantamos, bailamos e descubrimos diferentes maneiras de facer teatro!! 
Tamén nos levamos unha ensinanza final!! A intelixencia artificial é positiva sempre que se lle dé bo uso pero: 
"SE ES LISTO,
E QUERES SER XENIAL.
PROBA A LER UN LIBRO:
E NUN CHIS-CHÁS
CÁMBIACHE O CONTO!!
A INTELIXENCIA NATURAL
O CEREBELO MÁIS XENIAL!!
CO-CO-RO-CÓ!!!
CO-CO-RO-CÓ!!!"
Ou como diría Libria: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".
Dende aquí o noso agradecemento ao Concello da Illa de Arousa por facelo posible, á editorial Galaxia, ao autor Carlos Labraña e a Tanxarina pola súa boa disposición e a Libria e todo o profesorado pola súa implicación!!
Apertiñas lectoras!!

domingo, 6 de abril de 2025

Chegou o día do espectáculo!!

Ola peques e familias!! 

Como xa anunciabamos fai un tempiño...

...e nolo recordaron os compis de quinto no seu INFORMATIVO SEMANAL ...

RADIO CARCAMÁN

Libria quería dar comezo a abril,  mes do LIBRO cun gran SORPRESÓN para todo o cole!! Foron semaniñas de preparación previa, de reparto e lectura dos libros de agasallo para todos os/as nenos/as e mestres/as do cole!! 

Coñecemos tamén contos TRADICIONAIS de autores ben importantes da nosa literatura como Carlos Casares, Xosé Neira Vilas ou Fina Casalderrey , entre os que están os seguintes: 

E por fin CHEGOU O GRAN DÍA!! Este mércores todo o cole iremos ao auditorio a disfrutar da OBRA DE TEATRO baseada neste conto. 

Grazas a Libria e ao concello da Illa de Arousa polo seu traballo en equipo para que isto fose posible!! 

Apertiñas lectoras!!