28 septiembre 2026

Libria reparte unhas CARTAS moi especiais!!

 

Ola peques e familias!! 
Libria está preparando todo para poder realizar a APERTURA DA BIBLIOTECA moi prontiño!! 
Para iso, xa ten ao seu equipo de VOLUNTARIAS/OS DE SEXTO en formación!! Non podemos contarvos moito porque hai sorpresas pero si ensinarvos algunha fotiño dalgúns momentos de formación con Libria e as mestras do equipo de biblio... Aquí quedan!!
E o que si podemos contarvos é que o venres Libria e os CARTEIROS/AS DA BIBLIOTECA pasaron por todas as clases para entregar unhas CARTIÑAS moi especiais!! 
Libria sempre remata cheíña de agarimo!!
Aquí vos deixamos toda a información, xa estamos todos/as moi emocionados/as!! 
Como vedes, A BIBLIO ESTARÁ PREPARADA PARA ABRIR AS SÚAS PORTAS ESTE XOVES 1 DE OUTUBRO!! Pero aínda quedan cousiñas por ultimar!!
E antes de despedirme 
recordarvos que... 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO". 
Apertiñas lectoras!!

23 septiembre 2026

Xornada de benvida ao ao alumnado de 1º EP!!

 Ola peques e familias!! 

Uns días máis tarde tocoulle a quenda ao alumnado de 1º de primaria!! LIBRIA e as súas axudantes abriron as portas da BIBLIOTECA do cole para recibilos!!
Foi unha xornada preciosa na que descubriron tooooooodos os recunchos da biblio, puideron encher a Libria de agarimo e descubrir todos os libros que poderán levar para a casa nos recreos e nas horas de biblioteca!! 
Incluso descubrimos que a biblio ten dúas plantas e a de abaixo está chea de XOGOS, material de ARTE e moitas cousiñas máis!!
Ademais Libria tiña preparados para eles/as dous agasallos: un debuxo da súa foto para colorear e unha pegatina!! Levaron tamén unha cartiña onde Libria lles conta en primicia que día abrirá a biblio para todo o cole!!
Encantoulles a visita e xa están desexando volver!!
E recordade que: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!

22 septiembre 2026

Xornada de benvida ao alumnado de EI!!

 Bo día peques e familias!! 
Fai uns días LIBRIA e a súa axudante abriron as portas da BIBLIOTECA do cole para darlle a BENVIDA ao alumnado que se incorporou este curso en Educación Infantil, ademais de reencontrarse cos seus amiguiños/as que xa estaban no cole!! 
Foi unha xornada preciosa na que descubriron tooooooodos os recunchos da biblio e puideron encher a Libria de agarimo!! 
Incluso descubrimos que a biblio ten dúas plantas e a de abaixo está chea de XOGOS, material de ARTE e moitas cousiñas máis!!
Ademais Libria tiña preparados para eles/as dous agasallos: un debuxo da súa foto para colorear e unha pegatina!! 
Levaron tamén unha cartiña onde Libria lles conta en primicia que día abrirá a biblio para todo o cole!!
Encantoulles tanto todo que se lles fixo curta a visita!! Pero xa lles dixemos que podían volver cando quixeran!! Xa nos tarda volver a velos entre libros!!
E recordade que: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"
Apertiñas lectoras!!