jueves, 22 de mayo de 2025
Uns amadriñamentos/apadriñamentos lectores especiais!!
Foi unha xornada estupenda na que por unhas horiñas nos convertimos nunha GRAN FAMILIA unida pola LECTURA!!
domingo, 18 de mayo de 2025
Feliz DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!
Ola peques e familias!!
No cole levamos uns días festexando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS de moitas maneiras!! Unha delas é coa lectura de preciosos libros sobre as nosas CANTAREIRAS!!
Tamén neste día chega a esperada publicación da TRADICIONAL REVISTA CARCAMÁN!! A gran revista dixital do noso cole!! Aquí vos queda o enlace para que poidades disfrutala en familia!! Tamén sale Libria!! A ver se conseguides atopala!! Contádenolo en comentarios!!
Apertiñas galegas!!
lunes, 12 de mayo de 2025
Chegan moitos libros NOVOS!!
Ola peques e familias!!
Como todas as semanas a biblioteca encheuse de moitas NOVIDADES nos seus fondos!! Hoxe presentámosvos algúns dos libros novos que chegaron para apoiar o traballo no proxecto deste curso:
"AROUSA EN TRADICIÓN",
tamén relacionados co DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Entre eles, contamos cuns libros preciosos sobre as nosas PANDERETEIRAS homenaxeadas este ano!!
Tamén mercamos moitos libros de TEATRO xa que é o tema deste curso da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia!!
Para complementar o gran traballo que se está realizando na transformación do PATIO para conseguir dinamizalo decidímonos por estes libros tan interesantes!!
Canto por ler e por aprender!! Porque recordade que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
jueves, 8 de mayo de 2025
Comeza a formación do voluntariado de quinto!!
Ola peques e familias!!
A biblio non para neste último trimestre!! A primeira novidade foi que comezou a FORMACIÓN DOS/AS VOLUNTARIOS/AS DE QUINTO como xa eles/as mesmos/as anunciaron fai unhas semaniñas no seu INFORMATIVO. Nótase que tiñan ganiñas!!
RADIO CARCAMÁN
Collerán o relevo o curso que vén aos seus compis de sexto!! Estes últimos son os que, xunto coas mestras, os están formando!! FORMAN UN GRAN EQUIPO!!
Será un trimestre de convivencia entre as dúas aulas de quinto e, tamén, coas de sexto. É marabilloso velos traballar xuntos/as!!
E recordade que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)