jueves, 22 de mayo de 2025

Uns amadriñamentos/apadriñamentos lectores especiais!!

 Ola peques e familias!! 

A semana pasada tivemos unha visita ben especial!! Repetimos a actividade tan bonita que comezamos o curso pasado xunto co IES da Basella!! 

Algúns dos alumnos/as dese instituto visitáronnos xunto coa súa mestra Lidia para agasallarnos cuns CONTACONTOS moi especiais convertíndose en PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORAS d@s peques de Educación Infantil, 1ºe 2º de primaria por un día!! Ao cadrar co DÍA DA FAMILIA, todos os contos foron en relación a esta temática!! 

Aquí vos deixamos algunhas preciosas imaxes!!

Ao rematar, traían preparada unha actividade de PAPIROFLEXIA que nos encantou!! 

Rematamos a mañá cun intercambio de agasallos moi relacionados coa lectura!! El@s trouxéronnos este fermoso libro para a biblio!! 

E nós sorprendémolo cun moi da nosa terra e relacionado co proxecto deste curso, ademais duns MARCAPÁXINAS moi especiais de agradecemento!!


Foi unha xornada estupenda na que por unhas horiñas nos convertimos nunha GRAN FAMILIA unida pola LECTURA!!

Grazas pola visita!! Xa nos tarda repetir!!

 Apertiñas lectoras!!

2 comentarios:

  1. Ola son Enma, encantoume facer papiroflexia con Julia. 📖❤️

    ResponderEliminar
  2. Ola son Hugo de 2A gustoume moito que viñeran os do instituto e tamen me encantou facer papiroflexia con Xavi. Un saúdo🤍😍🤍🤍

    ResponderEliminar