lunes, 19 de abril de 2021

SEMANA DO LIBRO

 

SEMANA DO LIBRO

19-23 DE ABRIL

Ola nenas, nenos e familias!!


O venres día 23 de abril é o Día do Libro!!!

Os libros son capaces de levarnos a lugares marabillosos, 
moi lonxe, e ás veces moi preto; de presentarnos atrevidos personaxes, ou tímidos...de facernos rir, 
chorar, aprender...soñar!!


Gardan historias incribles, fermosos poemas, feitizos,
receitas, risas, misterios, cantigas, aventuras...
e todo o que poidamos imaxinar!!


Seguro que algunhas veces imaxinades un conto
xenial que vos gustaría compartir cos demais. 
Pois aquí vos deixo uns vídeos moi interesantes 
que vos poden axudar a escribir esas ideas 
e transformalas en contos estupendos. 

Neles tamén podedes coñecer aos autores 
 dalgúns contos dos que seguramente xa oístes falar.
Premede na imaxe para acceder.


XOGOS

Con estes xogos comprobaredes cantos contos coñecedes
e cantas cousas sabedes sobre eles!!

EDUCACIÓN INFANTIL




EDUCACIÓN PRIMARIA





Espero que teñades unha semana xenial chea de libros!!

Porque..."un día sen ler é un día perdido".

Apertiñas lectoras!!

viernes, 16 de abril de 2021

ACHÉGASE A SEMANA DO LIBRO...


ACHÉGASE A SEMANA DO LIBRO...

Ola a todos e todas!!



Xa está á volta da esquina un día moi especial:
 o Día do Libro!!!

Como sabedes é o 23 de abril, pero sei que vos 
encanta festexalo durante toda a semana!!

Por iso vos comparto  unha 
idea moi chula dos compañeiros e compañeiras
 de 4º curso para esta ocasión.

Trátase de que escollades un libro para empezar a ler 
e grabedes un vídeo:

1. Ensinando o libro.

2. Lendo o título e o nome do autor.

3. Lendo a primeira liña do libro.

Suxiren que sexa mellor un libro en galego, 
aínda que tamén pode ser noutros idiomas, 
comparten con nós algúns exemplos.



Esperan os vosos vídeos no correo 
correofamilias3B@gmail.com 
ata o mércores 21de abril.

Animádevos!!

Apertiñas lectoras!!