martes, 11 de febrero de 2014

ALIMENTANDO A PAZ

O 30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ, O ALUMNADO DE 6º ANALIZOU A RELACIÓN QUE TEN A PAZ COA ALIMENTACIÓN, TEMA DAS ACTIVIDADES DA BIBLIO ESTE ANO.
DESCUBRIRON QUE MENTRAS UNHA PARTE DA POBOACIÓN MUNDIAL PASA FAME, O PRIMEIRO MUNDO DESPILFARRA ALIMENTOS SEN PARAR E, CLARO ESTÁ, E MOI DIFÍCIL VIVIR EN PAZ CON ESTAS INXUSTIZAS, XA QUE TIRAMOS DE MEDIA 100 KILOS DE COMIDA Ó ANO POR PERSOA , E CON ISTO PODERÍAMOS ALIMENTAR A MÁIS DUN MILLÓN DE PERSOAS



LOGO DE VER UN DOCUMENTAL, BUSCAR INFORMACIÓ E ANALIZAR O PROBLEMA NUN DEBATE MOI ANIMADO, CHEGAROMOS ÁS SEGUINTES CONCLUSIÓNS:

  • MOITO COIDADO COS ALIMENTOS DE PANADERÍA E FROITERÍA, XA QUE SON OS QUE MÁIS SE DESPILFARRAN.
  • É BO FACER A LISTA DA COMPRA E COMPROBAR NA CASA SE NON TEMOS O QUE PRECISAMOS ANTES DE MERCAR, XA QUE O ACABAREMOS DESBOTANDO.
  • COMPROBAR A FECHA DE CADUCIDADE Á HORA DE MERCAR ALIMENTOS.
  • ESTÁ MOI BEN COLABORAR CON ONG´S QUE AXUDAN A REPARTIR OS ALIMENTOS.
  • GUSTARÍANOS QUE OS GOBERNOS TOMASEN MEDIDAS NA PRODUCCIÓN E NOS COMEDORES PÚBLICOS PARA QUE NON DESPERDICIEN A COMIDA.
  • EXISTE UNHA ORGANIZACIÓN DAS NACIÓNS UNIDAS," FAO",  QUE FIXO RECOMENDACIÓNS QUE DEBERÍAN SEGUIR OS PAISES CONTRA O DESPILFARRO ALIMENTARIO
  • TEMOS QUE CONSUMIR RESPONSABLEMENTE PARA PODER REPARTIR MELLOR AS RIQUEZAS.

2 comentarios:

  1. Alėgrome moito de ver como traballades xuntos e o grandes que estades. Un gran bico e unha forte aperta a mellor clase do mundo(måis a Marta)
    Bea.

    ResponderEliminar