miércoles, 5 de abril de 2017

BOOKCROSSING POLA ILLA:LIBRIA GO!

Hoxe Libria, a mascota da biblioteca, liberou libros por moitos lugares da Illa de Arousa. O "BookCrossing", ou a liberación de libros, consiste en deixar libros en lugares públicos para ler quen os atope. Logo da lectura, debemos liberalos de novo, para que sigan viaxando e facendo novos amigos.

Para darnos algunha pista, os libros que deixou están localizados no seguinte mapa. Se os atopades, e decidides deixalos noutro lugar, podedes falar coas mestras/es da biblioteca para cambiar a súa ubicación no mapa.
Cando chegue o outono de 2017 os que atopedes os libros non os liberedes de novo, traedeos ó colexio para que pasen o inverno na biblioteca.
Agardamos que vos guste esta emocionante aventura, e que atopedes moitos libros. Con ela queremos festexar o "Día do libro Infantil e xuvenil" (2 de abril). Lembrade anotarvos no "Diario da viaxe" para que saibamos cantas persoas leron o libro na súa viaxe. Boa búsqueda e boas lecturas!!


1 comentario: