BLOG INFANTIL
▼
lunes, 29 de mayo de 2023
lunes, 22 de mayo de 2023
PUBLICACIÓN DA REVISTA CARCAMÁN!!
Ola peques e familias!!
A semana pasada
ademais de celebrar O DÍA DAS LETRAS GALEGAS tamén recibimos con moita ilusión
a publicación da nosa revista, A REVISTA CARCAMÁN!!
Poderedes acceder premendo
no seguinte enlace de máxima calidade ou senón directamente no vídeo que atoparedes
a continuación...
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS PARTICIPAR 😊!!
https://www.calameo.com/read/0073738177adaa2b231a0
Tamén vos deixamos unha presentación de tódalas portadas participantes porque merece a pena velas...OS NOSOS NENOS E NENAS SON UNS ARTISTAS!!
https://online.flippingbook.com/view/802459271/
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
martes, 16 de mayo de 2023
Visita da escritora EVA MEJUTO!
Ola peques e familias!!
A semana pasada tivemos
unha sorpresa do máis divertida, Eva Mejuto visitounos e trouxo con ela o seu
libro: Dez Gatiñas Viaxeiras!!
Pero...de que nos soa esta escritora?? Claroooo, é a autora de títulos tan coñecidos por todos nós como son...
Eva contounos o motivo que a levou a escribir este conto e ademais axudounos a crear historias, incluso nos propuxo un reto...facer a segunda parte do libro!!
Agradecémoslle moito que nos firmara tódolos exemplares que temos dos seus libros na biblio do cole.😊 PASÁMOLO XENIAL, VOLVE CANDO QUEIRAS!!
E aproveitando que mañá é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a autora deixounos o enlace para acceder á obra de teatro que escribiu adicada ao noso homenaxeado deste ano FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, esperemos que vos guste!!
https://primaveradasletras.gal/
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!
miércoles, 10 de mayo de 2023
A XANELA DO MAXÍN
Ola peques e
familias!!
O pasado xoves
@axaneladomaxin sorprendeu ao alumnado de infantil e primeiro ciclo cun conto
orixinal sobre as 4R: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR.
Pero non foi tan doado como parecía porque ao comezo a nosa contacontos presentounos 4 caixas de 4 cores diferentes e tivemos que axudala a decidir cal escoller 👉
Comezamos pola caixa azul que escondía a un home misterioso que gastaba demasiada auga regando sempre á mesma flor...💧
Continuamos coa caixa amarela que foi a que máis nos marabillou xa que apareceu un pequeno robot feito todo CON MATERIAL RECICLADO!!
A seguinte caixa foi a vermella...que mal a xente que bota os plásticos ao lume contamina demasiado o aire que respiramos...como podemos facer para recuperalo? Entre todos e todas demos moitas solucións 😊
E por último tocou a caixa verde, que escondía 4 pequenos contedores, pero…que raro!!para que serve o vermello?? A ver si conseguimos descubrilo...😏
E así foi como, ademais de recordar todo o que podemos facer para poñer en práctica a regra das 4R coñecemos dunha maneira divertida os 4 elementos que compoñen a natureza: auga, aire, lume e terra 👏
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
lunes, 8 de mayo de 2023
RETO SUPERADO!!
OLA PEQUES E
FAMILIAS!!
“Un día
espertei de madrugada e no meu maxín comezaron a
xurdir versos
preciosos sobre a ESCRITURA e iso non é todo!! Parecía que tamén
tiñan ritmo!!
Estábao escoitando como se soasen gaitas na miña habitación!! Non
quixen deixar
pasar esa ocasión e levanteime para ESCRIBIR todo o que na miña
cabeza ía
aparecendo...”
Así é como Libria
decidiu escribir a canción que cada día soa no timbre do cole e que é o himno
do noso proxecto: “Dálle ao lapis, Carcamán”!!
Hai uns días que
xa adiantábamos cal ía ser o reto pero agora chegou o día de presentar estes marabillosos
traballos que fixeron, con tanto agarimo, os nosos nenos e nenas do cole!!
Aínda que antes
de desvelar o traballo final imos presentar toda a canción por si alguén se atreve
a cantar con nós 😊
DÁLLE AO LAPIS, CARCAMÁN. Dálle ao lapis, Carcamán, o maxín deixa voar, no papel deixa que pouse e un mundo has inventar.
Lailará-lalala-la, lailará-larala-la lailará-lalailarala dálle ao lapis, Carcamán!
Dálle ao lapis, Carcamá, coas palabras has xogar, coa ledicia, medos, risas, contos, cantos vas crear. |
Lailará-lalala-la, lailará-larala-la lailará-lalailarala dálle ao lapis, Carcamá!
Dálle ao lapis, Carcamán, que o escrito ha perdurar e os días no Torre Illa para sempre vas lembrar. Lailará-lalala-la, lailará-larala-la lailará-lalailarala dálle ao lapis, Carcamán!
|