O pasado xoves
@axaneladomaxin sorprendeu ao alumnado de infantil e primeiro ciclo cun conto
orixinal sobre as 4R: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR.
Pero non foi tan
doado como parecía porque ao comezo a nosa contacontos presentounos 4 caixas de
4 cores diferentes e tivemos que axudala a decidir cal escoller 👉
Comezamos pola
caixa azul que escondía a un home misterioso que gastaba demasiada auga
regando sempre á mesma flor...💧
Continuamos coa
caixa amarela que foi a que máis nos marabillou xa que apareceu un pequeno
robot feito todo CON MATERIAL RECICLADO!!
A seguinte caixa
foi a vermella...que mal a xente que bota os plásticos ao lume contamina
demasiado o aire que respiramos...como podemos facer para recuperalo? Entre
todos e todas demos moitas solucións 😊
E por último
tocou a caixa verde, que escondía 4 pequenos contedores, pero…que raro!!para
que serve o vermello?? A ver si conseguimos descubrilo...😏
E así foi como, ademais
de recordar todo o que podemos facer para poñer en práctica a regra das 4R
coñecemos dunha maneira divertida os 4 elementos que compoñen a natureza: auga,
aire, lume e terra 👏
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
No hay comentarios:
Publicar un comentario