jueves, 22 de junio de 2023

ANDREA MACEIRAS VISITA AO ALUMNADO DE 6ºEP

OLA PEQUES E FAMILIAS!


O PASADO 6 DE XUÑO TIVEMOS A SORTE DE RECIBIR UNHA NOVA VISITA  DESAS QUE TANTO DESFRUTAMOS E COAS QUE TANTO APRENDEMOS.  NADA MÁIS E NADA MENOS QUE Á GAÑADORA DO PREMIO DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL DE ANAYA DESTE ANO, ANDREA MACEIRAS!!

            

A RAPAZADA DE SEXTO ESTIVO LENDO O SEU LIBRO, A FOLLA AZUL. UN LIBRO QUE TEDES QUE LER TODOS, ESTÁ XENIAL!

                                         

ANDREA LEVOUNOS DE VIAXE AO AMAZONAS, ENSINOUNOS AS DIFERENTES COSTUMES DAS SÚAS TRIBOS, AS ESPECIES ANIMAIS ABRAIANTES QUE ALÍ HABITAN, E SOBRE TODO, A NECESIDADE DE COIDAR E MANTER VIVA A AMAZONIA, ACHEGÁNDONOS Á ARREPIANTE REALIDADE QUE A AMEAZA.

       

INCLUSO CONSEGUIU TRANSPORTARNOS ATA O AMAZONAS, SENTIR AS SÚAS CORES E OS SEUS SONS, NUNHA VIAXE GUIADA IMAXIARIA POR MEDIO DA LECTURA MENTRAS PECHABAMOS OS OLLOS. 

E POR SUPOSTO, FOI TAN AMABLE DE FIRMARNOS O LIBRO QUE TANTO NOS GUSTOU. NON NOS PUIDO GUSTAR MÁIS A TÚA ORIXINAL PEGADA NOS NOSOS LIBROS. AGARDAMOS VOLVER A VERTE PRONTIÑO ANDREA!

                                            

E RECORDADE, COMO SEMPRE VOS DIGO… UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO!

APERTIÑAS LECTORAS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario