BOA TARDE PEQUES e FAMILIAS!!
O pasado mes de NOVEMBRO tivemos a sorte
de contar no colexio con dúas SUPERMULLERES!!
A primeira visita foi a de SABELA NÚÑEZ SINGALA,
escritora do libro "O AGASALLO DE ANYA",
que este curso leron os nenos e nenas de sexto.
Podedes vela pinchando neste enlace:
VISITA DE SABELA.
Tamén tivemos outra visita
grazas á ANPA!!
ALBA ALONSO FEIJOO visitou todas as aulas do cole
e aprendemos unha chea de cousiñas interesantes
sobre os ESTEREOTIPOS DE XÉNERO
e moitas cousas máis!!
Vedes esas dúas caixiñas??
Unha AZUL cun NENO "dentro"
e unha ROSA cunha NENA "dentro"!!
Pois escoitade, escoitade!!
Que cousas tan INTERESANTES!!
E máis agora que se achega o NADAL!!
Nós o que queremos son
XOGUETES A TODA COR!!
Recoméndovos o seu LIBRO de colorear,
"JUGUETES A TODO COLOR".
Quedámonos co seu lema
que xa parece que comezou a calar!!
POR CERTO!! Catro segredos!!
Alba fíxose moi amiga de LIBRIA!!
Claro, como é escritora...
E deixou uns libros para a BIBLIO asinados!!
XENIAL!!
Outro... MAÑÁ está convocada
unha "FOLGA DE...XOGUETES!!"
Mirade, mirade...
UNÍDESVOS??
O terceiro... TEN MÁIS LIBROS!!
Irán nas RECOMENDACIÓNS LECTORAS
que xa se están terminando de cociñar...
E, por último, os de SEXTO fixéronlle unha
ENTREVISTA en RADIO CARCAMÁN.
Pinchade neste enlace:
Apertiñas!! ATA PRONTO!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario