19 enero 2025
11 enero 2025
Comezamos o ano con MENCIÓN DE HONRA!!
Ola peques e familias!!
Estamos de volta con moitas ganas de seguir LENDO e APRENDENDO moito pero tamén cheos de FELICIDADE E ORGULLO por unha boa nova que nos chegou estes días!! Despois de recibir fai aniños este GRAN PREMIO NACIONAL polo noso PROXECTO:
"Enredando coa pesca"...
Este aniño chega unha MENCIÓN DE HONRA nos PREMIOS DE INNOVACIÓN da Xunta polo PROXECTO do curso pasado: "BenestART"!!
Libria está feliz e quere AGRADECER a toda a comunidade educativa o gran TRABALLO EN EQUIPO que sempre caracteriza a este cole!! Agora toca seguir traballando con moitas ganas e ilusión no novo proxecto deste curso: "AROUSA EN TRADICIÓN"!!
E recordade que un premio só se gana cando temos presente que:
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
12 diciembre 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2024-2025
Ola peques e familias!!
Como cada curso Libria comparte con vós
as recomendacións lectoras de Nadal
para que os peques poidan incluír
algún libro nas súas cartas.
Faríana moi feliz!!
Recordade que...
"Un día sen ler,
é un día perdido".
Apertiñas lectoras!!
01 diciembre 2024
Visita da escritora Sabela Núñez Singala!!
Ola peques e familias!!
O pasado venres as nenas e nenos de sexto recibiron, un curso máis, a xa TRADICIONAL visita da escritora SABELA NÚÑEZ SINGALA, autora do libro titulado: "O AGASALLO DE ANYA", incluído nos nosos ITINERARIOS LECTORES!!
Libria estaba moi emocionada pola visita pero tamén porque era a primeira vez que se facía unha actividade na renovada planta de abaixo da biblioteca!! Así que preparamos o espazo, despregamos a pantalla e...esperamos impacientes a súa chegada!!
O alumnado de sexto levaba días preparando unha ENTREVISTA para realizarlle en RADIO CARCAMÁN, así que iso foi o primeiro!!

Podedes vela enteira no seguinte enlace:
TV CARCAMÁN
Despois tivo un encontro coas dúas aulas de sexto na BIBLIOTECA!!
Encántanos ver como cada ano Xiana e Libria se fan máis amigas!!
E antes de marchar asinoulles os libros!!
Moitísimas grazas por todo un curso máis Sabela!! Foi un pracer escoitarte!!
E recordade que
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
27 noviembre 2024
Presentámosvos unha estupenda BIBLIOTECA VIRTUAL!!
Ola peques e familias!! Libria está moi ilusionada porque ten unha GRAN NOVIDADE na biblioteca do cole!! Ademais do préstamo de libros que seguiremos facendo coma sempre na biblioteca, presentámosvos a estupenda BIBLIOTECA VIRTUAL E-LBE.2 onde poderedes acceder de balde a moitísimos libros, tanto para os peques como para as familias!!Hoxe cada titor/a facilitoulle ao alumnado do centro un usuario e contrasinal co que poderedes acceder á mesma pinchando no seguinte enlace:
Aí faredes os préstamos e devolucións dende a casa!! Esperamos que disfrutedes moito das lecturas virtuais!!
Porque recordade que
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
18 noviembre 2024
Volven as mochilas viaxeiras!!
Ola peques e familias!!
Xa levamos uns días comezando a ver como as MOCHILAS VIAXEIRAS comezan as súas aventuras nas casiñas de tod@s @s peques do noso cole!! É estupendo ver como se ilusionan cada vez que as descubren!!
Libria preparou con moito agarimo todo para que non falte de nada nelas!!
Apertiñas lectoras!!
14 noviembre 2024
Volve o PRÉSTAMO de libros aos recreos!!
Ola peques e familias!!
Despois duns días de formación no novo programa de xestión da biblioteca, chamado KOHA, por fin podemos poñer a andar o sistema de PRÉSTAMOS DA BIBLIOTECA NOS RECREOS que @s peques tanto botaron en falta!!
Aínda queda moito traballiño por facer pero coa implicación de Libria e o seu equipo de mestr@s e voluntari@s de sexto conseguirémolo!!
Hoxe comezamos a formación d@s mesm@s e ata houbo algúns que viñeron de maneira voluntaria a interesarse!!
Só podemos estar AGRADECIDAS coa implicación!!
GRAZAS CHIC@S!!
E recordade que
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





































