05 diciembre 2020

3 DE DECEMBRO: DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Ola de novo, 
amiguiños e amiguiñas!!

Dende a biblioteca do cole queremos deixarvos algunhas 

recomendacións de lectura con libros fermosísimos 

para conmemorar o 3 de decembro, 
 DÍA INTERNACIONAL 
 
DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE.






Esperamos que vos gusten!!

11 noviembre 2020

LIBRIA VOLVEU ILUSIONAR AOS NENOS E NENAS DO COLE!!

 

Libria visitou esta semana 

o cole dos maiores!!







Algúns xa a coñecían do ano pasado,

a outros deulles por primeira vez o carné da biblio, 

pero para todos foi un momento 

de ledicia e emoción!!

Coa profe Nieves como axudante

levou caixas con libros para todas e todos!!





 E a todos e a todas lles encantaron!! 





Grazas de novo Libria!!


Ata a próxima!!

26 octubre 2020

CHEGARON AS ESPERADAS VISITAS DE LIBRIA!!!


Co gallo do 

DÍA DAS BIBLIOTECAS 

poñemos en marcha a nosa biblio 

coa visita da nosa querida LIBRIA

ás aulas do cole!! 



Os alumnos e alumnas novos 

estiveron encantados de coñecela 

e de que lles entregase 

os CARNÉS DA BIBLIOTECA, 

coa axuda da profe Vanesa.




Saudárona con moita ilusión, 

iso si, cumprindo moi ben as medidas de seguridade.

Libria tamén, claro!!






















Como este ano aínda non podemos

ir á biblioteca todos xuntos,

Libria levoulles un agasallo para as súas aulas:

 dúas caixas repletiñas de contos!!



E coa axuda da profe Susa, 

todos e todas coñeceron ou recordaron 

as normas para usar eses libros, 

e  tamén as da  biblioteca do cole.






Moitas grazas, Libria!! 

Estamos desexando escoitar de novo

o teu alegre tintineo. 

Porque xa sabes que ...

... aínda che faltan algunhas clases por visitar!!



Ata pronto!!!

05 junio 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2020

Hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente. Para conmemoralo, achegamos unhas propostas que de seguro axudarán a concienciarnos máis sobre a necesidade de coidalo.

A autora Olga de Dios distribúe gratuítamente a súa obra Rana de tres ojos, adicado a todas as persoas que cada día traballan para coidar o medio ambiente.
E Tamén podedes ver e cantar a canción do conto.


O concello da Illa de Arousa achega unha proposta da man de Pepo, a mascota da reciclaxe e do medio ambiente, coa que poderás dar un paseo pola localidade.

E cubrir, se non o fixéchedes xa, a enquisa sobre a enerxía.

E a revista  O Papagaio tamén ten para estes días novidades relacionadas co medio ambiente, non deixedes de visitala!


16 mayo 2020

REVISTA CARCAMÁN 2020

Aquí está, un ano máis, a Revista Carcamán, adicada a Ricardo Carvalho Calero, cos traballos do alumnado.
 Bo día Das Letras Galegas!!!

13 mayo 2020

LETRAS GALEGAS 2020

Achégase o día grande das Letras Galegas. E para celebralo queremos compartir algúns recursos que axudarán a coñecer mellor ao homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Poderes seguir as ligazóns e ver o conto de "As pitas baixo a choiva"

Os Bolechas e a Carvalho Calero

Ricardo Carvalho Calero

As pitas baixo a choiva



Bo Día das Letras Galegas!!!!