Grazas profe Paula!
23 marzo 2020
22 marzo 2020
POEMAS PARA LIBRIA POLO DÍA DA POESÍA
Os poemas seguen chegando ao correo da biblioteca. Desta volta Gael, de 1º B; Olaia, de 3º A e Alén, de 4º B, agasallan a Libria con estas poesías:
Grazas Alén!!
Grazas Olaia!!
Grazas Gael!!
21 marzo 2020
DÍA DA POESÍA CON ROSALÍA DE CASTRO
O alumnado de 2º A elaborou este mural. Polo día da poesía, gústanos ler Rosalía.
Parabéns artistas!!!
MÁIS POEMAS PARA LIBRIA
As poesías seguen chegando ao correo da biblio. Desta volta as mestras de primeiro recitan un poema que pode axudarnos a facer un fantástico debuxo.
Grazas profe Alicia!
Grazas profe Mila!
Lembrade que podedes enviar os vosos poemas a bibliotecatorreilla@gmail.com para que os publiquemos no blog.
POEMAS PARA LIBRIA
A profe Fátima achéganos este poema para Libria no Día Mundial da Poesía. Animádevos e enviade as vosas poesías para Libria ao correo:
Grazas Profe Fátima!!
19 marzo 2020
DÍA DA POESÍA: PUBLICAMOS O TEU POEMA
O 21 de marzo é o DÍA MUNDIAL DA POESÍA, e que mellor xeito de celebralo que lendo poemas. A Libria encántalle a poesía, así que se queredes podedes enviar as vosas poesías favoritas á dirección de correo da biblio, para que as publiquemos no blog: bibliotecatorreilla@gmail.com
Podedes envialas en formato audio, imaxe ou vídeo (duración máxima 4 minutos).
Tamén podedes escribir a vosa propia poesía. Para axudarvos pode servir o MANUAL PARA SER POETA, do libro de Fran Alonso "O meu gato é un poeta":
Tamén podedes escribir a vosa propia poesía. Para axudarvos pode servir o MANUAL PARA SER POETA, do libro de Fran Alonso "O meu gato é un poeta":
MANUAL PARA SER POETA
-INSTRUCIÓNS-
1) Un bo poeta leva sempre
libros na maleta.
2) Cando remates un poema,
escribe outro co mesmo tema.
3) Nunca escribas de noite, porque non
hai ninguén que te escoite.
4) Mentras escribes, non mexes.
É preferible que coa poesía pelexes.
5) Non recites na bicicleta:
iso cansa moito ao poeta.
6) Ao final o que máis importa é
Se o que escribes a xente soporta
16 marzo 2020
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
A semana pasada conmemoramos a "Semana da prensa na escola". Dende a biblioteca chegaron os carteiros con Libria, a nosa mascota, para deixar unhas bolsas nas aulas.
As bolsas estaban cheas de revistas infantís. Tamén tiñan varios exemplares da "Revista Carcamán".
O alumnado quedou moi agradecido coa visita, e as revistas gustaronlle moito.
Libria xa está desexando voltar con novas sorpresas.
E xa que nas aulas traballamos coa prensa e coas noticias estes días, o alumnado tamén elaborou titulares positivos relacionados co proxecto deste ano, as "Enerxías Novas".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)














