23 octubre 2019

VISITA DE LIBRIA

 Libria visitou por sorpresa ó alumnado de Educación Infantil e Educación Primaria, e recibíronna con moita ilusión.
  Coñeceu ó novo alumnado, e a repartíu os carnets da biblioteca.
 Lembrou as normas da biblioteca, e o xeito de facer o empréstito para a casa dos fondos.
 E despedíuse con moito agarimo ata a próxima visita.
 Xa estamos desexando que volva. 
Ata pronto!!!!

16 mayo 2019

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

A semana pasada Libria visitou as aulas de Educación Infantil e Educación Primaria.
Trouxo unha nova que deixou a todo o alumnado moi contento.

A actividade proposta na Semana do Libro en colaboración coa ONG Save the Children foi todo un éxito.
Recaudáronse 1238.86 Euros.
A solidariedade, compromiso e creatividade do alumnado permitirá que miles de nenos e nenas vítimas de conflictos armados podian ir ó colexio.
E así o acredita o diploma que o alumnado recibíu da man de Libria e dos carteiros da biblioteca.
Grazas!!!!

26 abril 2019

SEMANA DO LIBRO 2019

 Esta semana conmemoramos a "Semana do libro," do 23 ó 26 de abril, enchendo as "Horas de Ler" e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura. Por cada préstamo, os axudantes da biblio agasallaron con pegatinas e marcapáxinas.

Os "marcapáxinas solidarios" xa están nas casas de todo o alumnado grazas a entrega dos materiais que fixeron os carteiros da biblio, que tamén explicaron a actividade.
E todos mans á obra, que estamos desexando aportar a nosa axuda para garantir o dereito á educación dos nenos e nenas vítimas de conflictos armados. 
E gozar dos mellores libros cos marcapáxinas do alumnado.

08 abril 2019

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller. Cada curso escolleu unha muller relevante na sociedade, coñecendo a sua figura e a contribución  ás artes, ó deporte, ás ciencias... Coas imaxes elaboramos un mural que podedes atopar no corredor da entrada principal.
A escolma que o equipo de biblioteca fixo para a conmemoración axudou a desenvolver a actividade.Lembrade que podedes consultar os fondos na biblioteca.


22 marzo 2019

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Entre o 11 e o 15 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa na Escola. Unha iniciativa marcada no calendario escolar que fai da prensa un elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico do alumnado.

A biblioteca do cole encheuse de actividades, xornais (nacionais e internacionais) e revistas para o traballo nas aulas e durante os recreos.

 Uns carteiros moi especiais percorreron as aulas deixando lotes de revistas e xornais para as "Horas de Ler" e as diferentes actividades dos cursos.

 E tamén comezamos co préstamo de revistas. Busca aquelas que están sinaladas cun punto verde e poderás levalas un tempo para a casa.

26 febrero 2019

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de todos os niveis traballou arredor da autora.
E logo saíron pola Illa de Arousa deixando poemas de Rosalía por moitos lugares diferentes: A Galiña Azul, o concello, tendas, ambulatorio...
 A escolma do equipo de biblioteca axudou a desenvolver as tarefas, e podedes vela na biblioteca.
E como este curso estamos coñecendo máis da ilustración, temos no corredor principal a exposición "Ilustrando a Rosalía". Non deixedes de visitala!