16 octubre 2017

OS LIBROS LIBERADOS VOLTAN Á BIBLIOTECA

Os libros liberados pola Illa de Arousa no Bookcrossing do curso pasado comezan a chegar de volta á biblioteca do cole. Deixan atrás aventuras e viaxes pola localidade, e xa están dispostos a  pasar o inverno na biblioteca. 


Nos diarios da viaxe que realizaron comprobamos que fixeron un longo percorrido. Nestas aventuras, un dos libros atopouse con Adrián e Jorge, dous nenos de Valverde del Fresno, na provincia de Cáceres, que nos deixaron esta nota. Alegrámonos de que vos gustase a iniciativa, e que todos os que atopáchedes un "libro libre" gozárades coa lectura.



05 octubre 2017

APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR

Xa temos nos corredores os carteis deste curso da biblioteca. "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 

19 junio 2017

ARQUITECTURA HUMANA

Estes días tivemos na exposición EmocionArte a versión da obra de Maruja Mallo "Arquitectura Humana", que fixo o alumnado de 6º B, e que relacionaron coa tristeza.
Neste vídeo, Sara e Eloy falan da obra, da autora e dos contidos de mátemáticas que traballaron con ela: xeometría, proporción e simetría.

08 junio 2017

GALERÍA EMOCIONARTE


Logo de todo un curso de traballo arredor das emocións e da arte no Proxecto EmocionArte queremos convidar a todas as familias a que visitedes a nosa "Galería de arte EmocionArte", que estará aberta o mércores 7, xoves 8,  venres 9, luns12 e martes 13 de xuño entre as 13:30 e as 14:15, na sala de usos múltiples do colexio. Agardamos que vos guste!!

05 junio 2017

V CERTAME DE RELATO CURTO


O 30 DE MAIO, EN PONTEVEDRA, FIXERON ENTREGA DOS PREMIOS DO "V CERTAME DE RELATO CURTO" QUE CONVOCOU A FANPA  (FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPA DE CENTROS PÚBLICOS DE PONTEVEDRA). ENTRE OS PREMIADOS ESTÁ CANDELA, DE 6ºB, QUE RECIBÍU UNHA MENCIÓN ESPECIAL CO SEU RELATO "UNHA GRAN BATALLA". O SEU RELATO, XUNTO CON OUTROS PREMIADOS, PUBLICARONSE NUN LIBRO QUE EDITA A FANPA E QUE PODEDES ATOPAR NA BIBLIOTECA. NORABOA!!!



PROXECTO AS PLANTAS E O HORTO EN EDUCACIÓN INFANTIL