08 mayo 2017

XOGANDO APRENDEMOS ARTE

Hoxe compartimos este recurso recén incorporado ó repositorio "Abalar" que está gustando moito ó noso alumnado. É un xogo de preguntas e respostas sobre imaxes relevantes da historia da arte. Está pensado como recurso educativo na aula de plástica. Para xogar só ou cos amigos.

26 abril 2017

ABRIL, MES DOS LIBROS


Abril é o mes dos libros no CEIP Torre Illa. A conmemoración o 2 de abril do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e a celebración da "Semana do libro" do 17 ó 21 de abril enche as "Horas de Ler", os patios e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura.
O martes 18 fixemos os intercambios de lectores entre as aulas.
O mércores e xoves os maiores apadriñaron ós máis pequenos, agasallando coas lecturas polos patios.
O venres 21 tivemos moitas visitas de familiares que nos falaron dos seus libros preferidos e das emocións que lles evocaban.
Tamén tivemos a visita do contacontos Servando Barreiro.
Unha semana chea de sorpresas arredor dos libros! 
Enlaces ás noticias na prensa:



19 abril 2017

UN LIBRO, UNHA EMOCIÓN

Pixabay
venres 21 de abril gustaríanos que algún familiar do alumnado viñera lernos durante a "Hora de Ler" (de 12:15 a 12:35). Podería ser un conto, ou un fragmento dun libro, e quixeramos que nos falarades das emocións que vos evoca a súa lectura (por exemplo: contaxia felicidade súa lectura relaxa e tranquilizambravos á vosa infancia, o final e algo triste...). Deste xeito contribuiremos a mellorar o coñecemento das emocións dentro do noso proxecto  EmocionArte. 
Se vos animades a participar, poñédevos en contacto co titor/a . 

05 abril 2017

BOOKCROSSING POLA ILLA:LIBRIA GO!

Hoxe Libria, a mascota da biblioteca, liberou libros por moitos lugares da Illa de Arousa. O "BookCrossing", ou a liberación de libros, consiste en deixar libros en lugares públicos para ler quen os atope. Logo da lectura, debemos liberalos de novo, para que sigan viaxando e facendo novos amigos.

Para darnos algunha pista, os libros que deixou están localizados no seguinte mapa. Se os atopades, e decidides deixalos noutro lugar, podedes falar coas mestras/es da biblioteca para cambiar a súa ubicación no mapa.
Cando chegue o outono de 2017 os que atopedes os libros non os liberedes de novo, traedeos ó colexio para que pasen o inverno na biblioteca.
Agardamos que vos guste esta emocionante aventura, e que atopedes moitos libros. Con ela queremos festexar o "Día do libro Infantil e xuvenil" (2 de abril). Lembrade anotarvos no "Diario da viaxe" para que saibamos cantas persoas leron o libro na súa viaxe. Boa búsqueda e boas lecturas!!


23 marzo 2017

AS MENINAS EN "ARTS AND CRAFTS"

 Xa están polos corrredores do centro as primeiras mostras do proxecto "EmocionArte". Con esta obra de Velázquez, o alumnado de 4º de Educación Primaria tivo a oportunidade de ampliar o vocabulario relacionado coas emocións en Lingua Inglesa, ó tempo que coñecer a obra e o autor.