10 marzo 2017

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

O xornal foi esta semana un apoio para o traballo e a lectura nas aulas. Durante o recreo estiveron na biblioteca a disposición de todo o alumnado. Atopamos xornais de ámbito local, nacional e internacional.

Ademais, tamén puidemos consultar máis edicións nacionais e internacionais nos seguintes enlaces:
http://www.eufeeds.eu/

14 febrero 2017

TERRITORIO DAS ARTES... E DAS EMOCIÓNS. EmocionARTE.

Xa botou a andar o noso proxecto deste curso: EmocionArte. Con él melloraremos no uso e manexo  da información, ó mesmo tempo que descubrimos algunhas obras de arte, e a súa vinculación coas emocións. 

Para continuar o traballo de investigación, búsqueda e tratamento da información deixamos este "webmix". Agardamos que sexa de utilidade.



08 febrero 2017

EMOCIÓNS E PAZ



Para conmemorar o "Día da Paz", os corredores do centro enchéronse de pancartas moi emotivas a prol da paz. 

Tamén traballamos coa prensa a realidade que están a vivir os refuxiados sirios. Coas novas que o alumnado e as familias aportaron fixemos varios paneis expositores.


20 diciembre 2016

EXPOSICIÓN DAS NOSAS GUÍAS NO MUSEO DA CONSERVA

O alumnado do colexio tivo ocasión de visitar, no punto de información turística do concello, e no Museo da Conserva da Illa de Arousa, unha exposición do proxecto desenvolto o curso pasado: "A Illa de Arousa, a miña localidade"
A mostra da presenta os traballos de investigación elaborados polo alumnado e as guías turísticas elaboradas polos diferentes cursos. Estará aberta ó público os vindeiros meses, e ofrecerá ós visitantes información moi valiosa. Ó fin e o cabo, esa foi a finalidade que queríamos que tivera. Eva, a encargada do punto de información turístico, contounos que as guías están gustando moito ós visitantes, nacionais e mesmo internacionais, que visitan o museo.


03 noviembre 2016

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA

 O 24 de outubro conmemoramos o Día da Biblioteca, e o alumnado de Educación Infantil aproveitou para facer unha visita á biblioteca.
Tiveron ocasión de ler moitos libros, e escoitar dous contos. Xoel e Eloy leron "A VISITA DOS DOMINGOS", e Candela e Lara "A MIÑA A MIGA A ESURIDADE".

 Os contos  gustaronlles moito, e  Libria quedou moi contenta da visita.

 Ata pronto!


01 julio 2016

PROXECTO A ILLA DE AROUSA

Xa están listas as guías que elaborou o alumnado logo do seu traballo de investigación. Traballamos o texto informativo e aprendimos moitas cousas novas, coma a utilización dos códigos QR, por non falar de tódolos aspectos que descoñecíamos da nosa localidade. As nosas guías pódense consultar na exposición que hai na entrada do colexio e próximamente estarán no concello a disposición de todos os visitantes, que foi o propósito para o que as creamos. Aquí tendes unha pequena mostra. Agardamos que vos gusten!