30 junio 2016

AS PRAIAS DE INFANTIL

O alumnado de Educación Infantil elaborou para as guías turísticas un fabuloso plano das praias. Tamén elaborou para cada unha delas unha ficha cos datos máis importantes e explicaron porque lles gusta.

15 junio 2016

ESTREA DO DOCUMENTAL "A CHAVE PARA 6000 PRESOS"

O pasado mércores 8 de xuño estreouse no auditorio do concello o documental no que levan traballando dende o comezo de curso o alumnado de 4º B, xunto cos mestres e mestras Alicia, Carlos, Gonzalo e María.


 No documental, que aborda como era a vida antes e despois da ponte, hai cabida para a nostalxia, a emotividade e o riso. Que antes non había coches e que todos eran como unha gran familia xa se sabía, pero tamén se descobren anécdotas desas que non salen na hemeroteca. Para ver a presentación do documental segue o seguinte enlace: PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL

03 junio 2016

APADRIÑAMENTOS LECTORES



Compartir un libro é unha experiencia inesquecible. Nesta actividade os maiores convertíronse en padriños dos máis pequenos para agasallalos, como fan os padriños. Nesta ocasión o agasallo foi unha lectura especialmente escollida pensando neles.Todo o colexio viviu este momento con ilusión e moita expectación. E o patio encheuse de lecturas compartidas. 




27 mayo 2016

LETRAS GALEGAS

No colexio festexamos as Letras Galegas con talleres creativos: "Hip hop con Manuel María", Kamishibai, decoración de camisetas e talleres de manualidades e de cociña. O alumnado de 3º elaborou este mural para o seu corredor cunha poesía de Manuel María que garda moita relación co noso proxecto deste curso.
Por outra banda, o Diario de Arousa informou das actividades realizadas estes días no colexio en colaboración coa Biblioteca Municipal. Tamén do proxecto que estamos a desenvolver este curso dende o colexio "A Illa de Arousa, a miña localidade". Xa estamos rematando as nosas guías!

25 mayo 2016

PROXECTO A ILLA DE AROUSA

O alumnado de 1º de Educación Primaria xa rematou o seu mapa da Illa de Arousa. Nel situaron os principais elementos da localidade. E non esqueceron o seu colexio

24 mayo 2016

VISITA DE PATRICIA SKINER

A  autora de contos infantís en lingua inglesa, Patricia Skiner, visitou a nosa biblioteca e tivo un encontro co alumnado de Educación Infantil. Patricia relatou algún dos seus contos.