15 febrero 2016

UNHA VISITA INESPERADA

Non sabemos se o recente Día da Paz tivo algo que ver, xa sabedes que as pombas son un símbolo de paz. O certo é que o outro día unha pomba entrou na biblioteca a axexar. E sabedes onde foi a pousarse? Pois sí, en Libria, que estivo encantada de recibir a esta nova amiga.

16 diciembre 2015

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL

Como ven sendo habitual, xa está aquí  un novo boletín de Libria con recomendacións de lectura para este nadal. Agardamos que vos gusten. 

19 noviembre 2015

PREMIO NO CERTAME "OUFF ESCOLA 2015"


O corto "Quen levou a lúa?", elaborado polo alumnado e profesorado do centro ven de recibir o segundo premio do "Festival Internacional de Cine OUFF de Ourense," na súa modalidade educativa: "OUFF ESCOLA". Para recoller este premio desplazáronse ata Ourense, onde tamén puideron ver outros cortos premiados. O curso pasado xa acadaran o primeiro premio no concurso "Nos tamén creamos," así que este é o segundo galardón que reciben por "Quen levou a lúa?" NORABOA!!!

03 noviembre 2015

AS MOCHILAS VOLVEN VIAXAR

 As "MOCHILAS VIAXEIRAS" saíron da biblioteca cargadas de moitas sorpresas e libros para descubrir en familia, e están desexando chegar ás vosas casas. Libria foi a encargada de achegar a primeiro as súas mochilas. Menuda sorpresa que levaron ó ver entrar á mascota da biblioteca nas aulas. Agardamos que vos gusten. Boa Viaxe!

22 octubre 2015

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS

O 24 de outubro festexaremos o "Día da Biblioteca", e a " Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares"propuxo adicarlle ás Bibliotecas Escolares todo o mes de outubro. Por iso estes días o alumnado de Educación Infantil e primeiro de Educación Primaria estivo de visita pola biblioteca do cole e a biblioteca municipal. Aprenderon a desenvolverse nelas, e a sacarlle todo o partido mediante o préstamo dos fondos e as diferentes posibilidades que ofrece: libros, xogos, películas, ordenadores...

24 junio 2015

1ºA COMPARTE O PREMIO CON LIBRIA

AS NENAS E NENOS DE 1ºA FIXERON UNHA VISITA Á BIBLIOTECA QUE ENCHEU DE LEDICIA A LIBRIA. VIÑERON CARGADOS COS LIBROS QUE RECIBIRON COMO PREMIO POLA ADAPTACIÓN EN VÍDEO "QUÉN LEVOU A LÚA?" COA QUE GAÑARON O PRIMEIRO PREMIO DO CONCURSO "NOS TAMÉN CREMOS".
OS LIBROS QUEDARON NA BIBLIOTECA PARA QUE TODOS POIDADES GOZAR COA SÚA LECTURA. MOITAS GRAZAS!!

22 junio 2015

VISITA DE ANXO MOURE

ANXO MOURE VEU HAI UNS DÍAS Á BIBLIOTECA DO COLE PARA CONTARLLE Ó ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL MOITAS HISTORIAS RELACIONADAS COS SEUS LIBROS "A XACIA LUVIÑAS" E O "CARBALLO CON BOTAS". NELAS TRANSMITÍU ÓS MÁIS PEQUENOS DO COLE O IMPORTANTE QUE É COIDAR OS NOSOS BOSQUE E AS NOSAS RÍAS, RÍOS E MARES.