15 diciembre 2014

VIDEOCONTO PARA UN NADAL MÁIS SOSTIBLE



Aquí tedes o videoconto especial de Nadal protagonizado pola Familia Trebón e que leva por título “Unha carta moi especial”. Este ano, os Reis Magos, Papa Noel e mailo Apalpador decidiron unirse para pedir aos nenos e nenas unha serie de favores: que escollan ben o agasallo que máis lles guste e aquel ao que vaian dar uso; que pidan poucos agasallos a fin de que cheguen para todos os nenos e nenas do Planeta Verde, recordando que o mellor de todos eles é compartir cos amigos os xoguetes; e o máis importante, que sexan moi felices e que axuden tamén a ser felices ás persoas que teñen ao seu arredor.
 Tamén aproveitan para felicitar aos escolares por aprender tan ben a regra dos tres erres e instannos a ensinarlla aos seus compañeiros e maiores.

03 diciembre 2014

AS MOCHILAS DE LIBRIA VOLVEN VIAXAR


ESTES DÍAS PARTIRON DA BIBLIOTECA AS MOCHILAS VIAXEIRAS CON DESTINO ÓS VOSOS FOGARES. VAN REPLETAS DE IMAXINACIÓN, FANTASÍA E MOITAS COUSAS NOVAS PARA DESCUBRIR E APRENDER EN FAMILIA.

NON ESQUEZADES DEIXAR NO BLOC OS VOSOS COMENTARIOS, OPINIÓNS OU DEBUXOS PARA QUE VEXAN OS VOSOS COMPAÑEIROS DE CLASE. BOA VIAXE!!!

28 noviembre 2014

SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR

NON ROMPAS O ESFORZO DE TODOS, RECICLA. CON ESTE LEMA DESENVOLVEMOS ESTES DÍAS UNHA ACTIVIDADE ENMARCADA NO NOSO PROXECTO DE EDUCACIÓN DOCUMENTAL PARA ESTE CURSO, COA COLABORACIÓN DE SOGAMA (SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE).
OS EDUCADORES AMBIENTALES QUE VIÑERON ÁS AULAS LEMBRÁRONLLE Ó ALUMNADO A IMPORTANCIA DE SEPARAR OS RESIDUOS Á HORA DE TIRAR O LIXO, PARA ASÍ PODER RECICLAR A MAIOR CANTIDADE DE DESPERDICIOS POSIBLE, CONTRIBUÍNDO DESTE XEITO A COIDAR O MEDIO AMBIENTE.




15 octubre 2014

PRIMEIRAS VISITAS NA BIBLIOTECA

Os nenos e nenas de primeiro están  estes días descubrindo a biblioteca do cole e as súas posibilidades: Cómo levar un libro prestado para a casa, onde están os DVD´s, os cómics, os libros de inglés, cómo utilizar os ordenadores e os xogos e, claro está, á nosa mascota Libria, que lle lembrou as normas da biblioteca.

E parece que lles gustou moito!

14 octubre 2014

QUE BOTAMOS NO CONTEDOR AMARELO

A empresa que recolle o contedor amarelo nas rúas da Arousa ven de desenvolver unha sesión didáctica co alumnado de 4º de Educación Primaria para explicarlle cómo é o proceso de reciclaxe e a importancia de facelo correctamente.
 Esta é a primeira actividade do noso proxecto de biblioteca para este curso, que este ano adicaremos ó DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE e organizouse coa colaboración da Concellería de Educación e Medio Ambiente da Illa.
LEMBRADE: no contedor amarelo botamos só os envases de plástico, as latas e os briks. E temos que estar atentos porque non todas as cousas de plástico van ó contedor. Non debemos botar xoguetes, electrodomésticos, discos, cueiros, nin utensilios de cociña ou louza. Tampouco se poden botar os envases de líquidos corrosivos como aceite de coches, nin os envases de medicamentos,  que deben depositarse nos Puntos Sigre que hai nas farmacias.