19 noviembre 2026

Visita da escritora Sabela Núñez Singala!!

 Ola peques e familias!

Esta semana recibimos, un curso máis, a visita  da escritora SABELA NÚÑEZ SINGALA!!


 Aos rapaces e rapazas de 6º encantoulles!! Mestres/as e alumnado quedamos marabillados coa historia de Xiana e Anya e todas as cousas que Sabela nos contou de Ucraína.

Ademais, adicou e asinou os libriños de todo o alumnado!! Fíxonos moita ilusión!!

 É un libro marabilloso que vos recomendamos!!

E recordade que… 

UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO.

APERTIÑAS LECTORAS!

11 noviembre 2026

Nova cartiña de Libria!!

Ola peques e familias!! 

Un curso máis Libria puxo en marcha a xa TRADICIONAL actividade dos APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES!! Os/as CARTEIROS/AS da biblioteca visitaron todas as aulas repartindo a cartiña que os anunciaba!! 

A lectura da carta é o primeiro paso pero o que realmente nos encanta é baixar á biblioteca a descubrir cal será a aula coa que compartiremos moitas AVENTURAS LECTORAS!! Pero para iso teremos que esperar á próxima semana!! 

Polo de pronto adiantámosvos que nesta carta uniuse a Libria Balbino, o protagonista do conto "Memorias dun neno labrego" do escritor Xosé Neira Vilas, homenaxeado este ano no día das Letras Galegas e xuntos propuxéronnos un RETO!!


Estade atentos/as que pronto 

vos contaremos máis!!

E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!