Esta semana recibimos, un curso máis, a visita da escritora SABELA NÚÑEZ SINGALA!!
Aos rapaces e rapazas de 6º encantoulles!! Mestres/as e alumnado quedamos marabillados coa historia de Xiana e Anya e todas as cousas que Sabela nos contou de Ucraína.
Ademais, adicou e asinou os libriños de todo o alumnado!! Fíxonos moita ilusión!!
Un curso máis Libria puxo en marcha a xa TRADICIONAL actividade dos APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES!! Os/as CARTEIROS/AS da biblioteca visitaron todas as aulas repartindo a cartiña que os anunciaba!!
A lectura da carta é o primeiro paso pero o que realmente nos encanta é baixar á biblioteca a descubrir cal será a aula coa que compartiremos moitas AVENTURAS LECTORAS!! Pero para iso teremos que esperar á próxima semana!!
Polo de pronto adiantámosvos que nesta carta uniuse a Libria Balbino, o protagonista do conto "Memorias dun neno labrego" do escritor Xosé Neira Vilas, homenaxeado este ano no día das Letras Galegas e xuntos propuxéronnos un RETO!!