30 octubre 2026

Chegou o Samaín!!

Ola peques e familias!! 

Esta semana ao entrar na biblio os/as peques atopáronse cunha sorpresa ben terrorífica!! 

As dúas plantas da biblio atopábanse decoradas desta temática!! 

Podías atoparte bichiños por calquera recuncho!! E voluntarios/as disfrazados toda a semana!!

 Tamén os estantes principais e as mesas se encheron de libros de SAMAÍN!! E as biblios das aulas!!


 Ata houbo contacontos e sesión de lectura a escuras!!

E chegado o gran día foi xenial ver a biblio chea de monstruíños e outros seres terroríficos!! Como triunfan os contos de Samaín!!


Despedímonos ata o próximo Samaín!!

E recordade que 

"UN DÍA SEN LER,

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

1 comentario:

  1. Gustame moito ir a biblio en pijama e con linternas , Vega 👻🖤

    ResponderEliminar