22 abril 2015

SEMANA DO LIBRO 2015

Con motivo da celebración do Día do Libro, estamos a organizar no colexio distintas actividades, entre as que destacan as seguintes:
  • HORA DE LER: despois do éxito do curso pasado, dende setembro, e durante 20 minutos despois do recreo, no colexio non se escoita nada, estamos todos a ler!
  • VISITA DE IGNACIO VILARIÑO: o luns 20, o escritor, actor, contacontos, guionista... Ignacio Vilariño, autor do libro Fábula Galénica visitou aos nenos e nenas de Educación Primaria.
  • INTERCAMBIOS LECTORES ENTRE AULAS: o martes 21, un ou dous representantes de cada aula agasallarán cunha lectura aos compañeiros/as de cursos inferiores.
  • APADRIÑAMENTOS LECTORES: o mércores 22, os alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria apadriñarán aos nenos/as de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, respectivamente, aos que lerán individualmente un conto.
  • TEATRO PAN DE MILLO: o xoves 23 disfrutaremos iremos ao Auditorio do concello para disfrutar en directo coas cancións da compañía de teatro Migallas e o seu espectáculo Merenda con Pan de millo.
  • KAMISHIBAI: O xoves 23 de abril contaremos coa visita do alumnado do IES Illa de Arousa, que organizará unha actividade deKamishibai ("teatro de papel") para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • CARAPUCHIÑA VERMELLA: venres 24, os alumnos de 1º B presentarán aos seus compañeiros de 1º A e 1º C unha adaptación do conto Carapuchiña Vermella.
  • VISITA DE LIBRIAo venres 24, Libria, a mascota da nosa biblioteca, visitará aos nenos e nenas de Educación Infantil.
  • CONTACONTOS: o luns 27 de abril o contacontos galego Anxo Moure visitará ao alumnado de Educación Infantil co seu conto A xacia Luviñas.
  • MUSICONTOS: o luns 27 a Banda de Música de Vilagarcíavisitará o centro para presentar o Musiconto "O príncipe Lino no reino de Azeleb"e recordarnos a importancia da reciclaxe.
Polos corredores do centro e nas aulas tamén quedarán pegadas da celebración deste día...

20 marzo 2015

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA



 A SEMANA PASADA CONMEMORAMOS A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA. NAS AULAS TRABALLAMOS CON XORNAIS E NA BIBLIOTECA TIVEMOS TODA A SEMANA XORNAIS E MÁIS REVISTAS DAS QUE ADOITAMOS TER.

TAMÉN RECIBIMOS A VISITA DUNHA XORNALISTA, BEA COSTA, REDACTORA DA VOZ DE GALICIA. BEA TIVO UN ENCONTRO CO ALUMNADO DE CUARTO, QUINTO E SEXTO DO CENTRO. FALOU DE COMO ESCRIBEN AS NOTICIAS, E CONTOU MOITAS ANÉCDOTAS DO SEU TRABALLO. TAMÉN DEUNOS ALGÚN APUNTE DO FUTURO DO XORNAL DIXITAL E A SÚA IMPORTANCIA PARA O MEDIO AMBIENTE.

DURANTE A SÚA INTERVENCIÓN ABORDOU A RELACIÓN DA MULLER E O XORNALISMO, XA QUE TIÑAMOS MOI RECENTE O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, E RELATOU A SÚA EXPERIENCIA PERSOAL.

06 marzo 2015

EXPOSICIÓN RECICLarte


Xa están na biblioteca, para a súa exposición, as obras de arte que fixo o alumnado do centro co material de refugallo. Aquí podedes ver o moito que traballaron os artistas. Canta imaxinación e creatividade!



 Con estes traballos tan bos, ó xurado foille moi complicado escoller só un obra de arte. Pero finalmente será a  de Erik, de 2º B, a que representará o centro no concurso de SOGAMA.







19 febrero 2015

RECICLarte

Eres un artista co material de refugallo? Pois anímate a participar elaborando a túa obra de arte.
As obras deberán estar feitas con residuos correspondentes ao contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks), e envases do contedor azul (envases de cartón e papel)
De entre todas as obras presentadas selecionaremos unha que representará ó cole no concurso da campaña “separemos ben para reciclar mellor” de SOGAMA.
Cada alumno/a pode presentar só unha obra individualmente ou nun grupo, máximo de tres compoñentes.

TENDES DE PRAZO ATA O 25 DE FEBREIRO. ANIMÁDEVOS!!!

06 febrero 2015

ÉRASE UNA VEZ CRISTÓBAL COLÓN. EL ALMIRANTE GALLEGO

 SEGURO QUE TODOS LEMBRADES A RAMÓN PEDRAS, "PETETE", O AUTOR DE "BENITO SOTO, EL ÚLTIMO PIRATA", QUE ESTIVO NO COLE O CURSO PASADO CO SEU LORO CONTANDO MOITAS COUSAS SOBRE OS PIRATAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.
POIS ACABA DE EDITAR ÉL MESMO O SEU SEGUNDO LIBRO: "ÉRASE UNA VEZ CRISTÓBAL COLÓN, EL ALMIRANTE GALLEGO".

E SÓ POR ADQUIRIR ESTE LIBRO, A BIBLIOTECA CONVERTEUSE EN "EDITORA COLABORADORA", CON DIPLOMA E TODO!. O LIBRO ESTÁ XA NA BIBLIO, AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!

AXUDANTES DAS ÚLTIMAS SEMANAS

PAULA E JUDITH DE 5ºA

RODRIGO E RICARDO DE 5ºA