sábado, 5 de octubre de 2024

Canta vida nos recreos!!

 Ola peques e familias!! 

Despois duns días de choiva por fin puidemos acudir á BIBLIO nos recreos!! Que ganiñas tiñamos!! As primeiras voluntarias estaban preparadísimas para recibir aos primeiros lector@s!! 

E foron moitos @s que acudiron a LER un ratiño ou levar libros en préstamo para a casa!! Canto gozamos desta primeira semana!! 

Tamén foi precioso ver como @s peques de primeiro se estrean autonomamente nas visitas á BIBLIO e @s maiores do cole @s axudan e acompañan!! 

Libria e o seu equipo quedaron sen palabras!! Que bonito é tervos de novo entre libros peques!! Aproveitamos para recordarvos que debemos coidar moi ben os libros que viaxen ás casas e DEVOLVELOS ou RENOVALOS nun prazo de 7 días!!

E para despedirnos 

recordade que... 

"UN DÍA SEN LER,

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

martes, 1 de octubre de 2024

Xornadas de benvida!!

                  Ola peques e familias!! 

Para LIBRIA un dos momentos máis importantes de principio de curso son as XORNADAS DE BENVIDA para @s peques que chegan nov@s ao cole, tanto en Educación Infantil como en 1º de primaria!! Aos últimos xa @s recibiu a pasada semana na biblio!! 

Foi mooooi emocionante para tod@s!!

Recibiunos con apertas e sorrisos, ensinoulles detidamente a biblioteca e fíxolles entrega dos CARNÉS e dun AGASALLIÑO LECTOR para tod@s!! Un precioso marcapáxinas!! 

Esperamos que a visiten moito e que recorden que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO".

Apertiñas lectoras!!