sábado, 15 de julio de 2023

WEB do PDI: Dálle ao lapis, Carcamán!!

 Ola peques e familias!! 

Aínda que xa rematou o 

curso, LIBRIA nunca para!! 

Estivo ordeando a biblio, limpando, mercando novas cousiñas... e ademais aquí vos deixa unha WEB na que se recollen boa parte dos TRABALLIÑOS feitos este curso en torno ao PROXECTO sobre escritura titulado:

Dálle ao lapis, Carcamán!! 

Clicade no seguinte enlace:

WEB PDI 2022-2023

Non sabedes o feliz que marcha de vacacións vendo os estupendos resultados do proxecto do que, un curso máis, a BIBLIOTECA do cole impulsou levando a grandes MARIÑEIROS E MARIÑEIRAS A BORDO: mestr@s, alumnado, familias e comunidade educativa en xeral!! 

GRAZAS de parte dela e 

do equipo de biblio!! 

O curso que vén máis e mellor!! 

E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER E 

ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"!!

Aquí as súas RECOMENDACIÓNS 

LECTORAS para o VERÁN!! 

Clicade no enlace:

A LER MOITO CARCAMÁNS!!

Apertiñas lectoras!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario