Ola, ola familias e peques!!
Seguimos cheos de actividades de
ANIMACIÓN Á LECTURA!!
Esta semana a TOUPIÑA saiu do conto e...
veu a visitarnos moi ben acompañada!!
Pero ademais de rirnos con ela,
aprendemos un montón!! Porque buscaba...
Resumidamente...
A Toupiña e o seu axudante Protonio andan a buscar ás persoas científicas do futuro e para iso exploran facendo divertidos e dinámicos experimentos utilizando o método científico, promovendo a curiosidade e mostrando a gran importancia que ten o facer preguntas para aprender e avanzar.
BASEADO EN (pinchade no enlace).
MINISERIE TOUPICIENCIA.
Estivemos superatent@s ás intruccións
dos experimentos!!!
O problema foi...que Protonio
ao principio andaba un pouco despistado!!
Menos mal que grazas á nosa ATENCIÓN,
CONCENTRACIÓN E AXUDA
todo comezou a saír ben!!
Despois de moitos experimentos que
parecían máxicos...
a TOUPIÑA tivo que despedirse!!
Pero atopou ás CIENTÍFICAS e
CIENTÍFICOS DO FUTURO!! Somos nós!!
E Protonio deunos un MOI BO consello!!
Grazas TOUPIÑA!! Seguirémoste lendo
EN GALEGO, CASTELÁN E INGLÉS
nos libros que temos biblioteca!!
APERTIÑAS LECTORAS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario