A empresa que recolle o contedor amarelo nas rúas da Arousa ven de desenvolver unha sesión didáctica co alumnado de 4º de Educación Primaria para explicarlle cómo é o proceso de reciclaxe e a importancia de facelo correctamente.
LEMBRADE: no contedor amarelo botamos só os envases de plástico, as latas e os briks. E temos que estar atentos porque non todas as cousas de plástico van ó contedor. Non debemos botar xoguetes, electrodomésticos, discos, cueiros, nin utensilios de cociña ou louza. Tampouco se poden botar os envases de líquidos corrosivos como aceite de coches, nin os envases de medicamentos, que deben depositarse nos Puntos Sigre que hai nas farmacias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario