16 mayo 2019

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS

A semana pasada Libria visitou as aulas de Educación Infantil e Educación Primaria.
Trouxo unha nova que deixou a todo o alumnado moi contento.

A actividade proposta na Semana do Libro en colaboración coa ONG Save the Children foi todo un éxito.
Recaudáronse 1238.86 Euros.
A solidariedade, compromiso e creatividade do alumnado permitirá que miles de nenos e nenas vítimas de conflictos armados podian ir ó colexio.
E así o acredita o diploma que o alumnado recibíu da man de Libria e dos carteiros da biblioteca.
Grazas!!!!

26 abril 2019

SEMANA DO LIBRO 2019

 Esta semana conmemoramos a "Semana do libro," do 23 ó 26 de abril, enchendo as "Horas de Ler" e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura. Por cada préstamo, os axudantes da biblio agasallaron con pegatinas e marcapáxinas.

Os "marcapáxinas solidarios" xa están nas casas de todo o alumnado grazas a entrega dos materiais que fixeron os carteiros da biblio, que tamén explicaron a actividade.
E todos mans á obra, que estamos desexando aportar a nosa axuda para garantir o dereito á educación dos nenos e nenas vítimas de conflictos armados. 
E gozar dos mellores libros cos marcapáxinas do alumnado.

08 abril 2019

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller. Cada curso escolleu unha muller relevante na sociedade, coñecendo a sua figura e a contribución  ás artes, ó deporte, ás ciencias... Coas imaxes elaboramos un mural que podedes atopar no corredor da entrada principal.
A escolma que o equipo de biblioteca fixo para a conmemoración axudou a desenvolver a actividade.Lembrade que podedes consultar os fondos na biblioteca.


22 marzo 2019

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

Entre o 11 e o 15 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa na Escola. Unha iniciativa marcada no calendario escolar que fai da prensa un elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenvolvendo así o sentido crítico do alumnado.

A biblioteca do cole encheuse de actividades, xornais (nacionais e internacionais) e revistas para o traballo nas aulas e durante os recreos.

 Uns carteiros moi especiais percorreron as aulas deixando lotes de revistas e xornais para as "Horas de Ler" e as diferentes actividades dos cursos.

 E tamén comezamos co préstamo de revistas. Busca aquelas que están sinaladas cun punto verde e poderás levalas un tempo para a casa.

26 febrero 2019

DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de todos os niveis traballou arredor da autora.
E logo saíron pola Illa de Arousa deixando poemas de Rosalía por moitos lugares diferentes: A Galiña Azul, o concello, tendas, ambulatorio...
 A escolma do equipo de biblioteca axudou a desenvolver as tarefas, e podedes vela na biblioteca.
E como este curso estamos coñecendo máis da ilustración, temos no corredor principal a exposición "Ilustrando a Rosalía". Non deixedes de visitala!

08 febrero 2019

REPARTO DE AGASALLOS EN INFANTIL

 A Libria gústalle moito visitar ás nenas e nenos de Educación Infantil.
 Sempre recibe unhas benvidas moi agarimosas.
 Desta volta foi compartir con eles os agasallos que os Reis Magos trouxeron este nadal.
 Xuntos puideron abrir os agasallos.
 E gozaron cos libros que trouxeron.
 E que estarán na biblioteca do cole.
 E nas bibliotecas das aulas.
 Tamén deixaron unhas bolsas novas para facer préstamo.
Seguro que Libria non tarda en voltar.

25 enero 2019

HORA DE LER COAS FAMILIAS DE EDUCACIÓN INFANTIL


ÉRASE UNHA VEZ... Así comeza a nosa aventura de oír, de escoitar, de mirar, de gozar coa palabra... Con ela pretendemos achegar ós nenos e nenas á literatura dun xeito lúdico e divertido. Con ela queremos que os cativos/as descubran o goce que produce a lectura e a escoita de contos. Estes, ademais de conectar cos seus propios soños e fantasías, farán que medreo seu vocabulario, que aprendan valores, e se acheguen de xeito divertido á escritura.

Tamén aprenderán a coidar os libros e a respectar a data de devolución, para non impedir a rotación dos contos entre todas as familias. Os contos irán para as casas os xoves e volverán os luns e poderán facer o debuxo e escribir o título no caderno que vai nas bolsas de préstamo.