07 abril 2022

Sorpresa, sorpresa!!

 BOA TARDE PEQUES E FAMILIAS!!

LIBRIA hoxe amaneceu moi nerviosa!! 

Ten un SORPRESÓN 

para a volta das vacacións 

pero...non pode dicir moito!! 

Despois de darlle moitas voltas...

ocurríuselle unha idea!! 

Deixar aquí unhas PISTAS para que 

lle deamos unhas voltiñas!! 






Que boa pinta ten todo!! 
E este banquiño...
ten que ser ben cómodo!!

Esta palabriña pegada a LIBRIA...

moito me sona!!


E todos estes libros chulísimos??

QUE PODERÁ 

SER A GRAN SORPRESA??

Bueno, dixemos unha sorpresa pero en 

realidade o terceiro trimestre 

ven cargadiño delas!! 

E parece que AMARANTA, 

A CARTEIRA SARAMAGANTA, 

gran amiga das nenas e nenos de terceiro 

e primeiro deste cole...ten moito 

que ver coa primeira das SORPRESAS!!

QUE ILUSIÓN E QUE GANAS!! 

MOITAS APERTAS LECTORAS!! 

Ata prontiño!!

02 abril 2022

Visitounos Alicia Borrás Sanjurjo!!


BOA TARDE PEQUES E FAMILIAS!!

As alumnas e alumnos de sexto 

e @s seus mestr@s tiveron 

unha visita moi especial!! 

Visitounos a AUTORA de dous libros 

que leron este trimestre e que forman parte 

dos ITINERARIOS LECTORES DA BIBLIOTECA. 


É un relato sobre o ACOSO nas aulas.
Sonia es una niña callada, triste y solitaria. La razón es que sus compañeros se meten con ella por ser albina; Lola incluso le obliga a hacerle los deberes. Nadie parece darse cuenta de esta situación hasta que una nueva profesora llega al centro y decide cambiar la situación que vive Sonia.
https://www.anayainfantilyjuvenil.com/

A segunda parte tampouco deixa 
indiferente a ninguén, facéndonos 
reflexionar, á vez que nos emociona.

 


Igual que o fixo a súa autora: 

Alicia Borrás Sanjurjo. 

Cercana e cunha sensibilidade e vocación 
pola escrita incribles!! 
BOTADE UN VISTAZO!!



E non podiamos deixala marchar 
sen que nos asinase os nosos libros!!



E tampouco sen coñecer a LIBRIA!! 
Ela mesma xunto cun compañeiro 
fixéronlle entrega dun agasallo con moito agarimo!!

 MOITAS GRAZAS ALICIA!! 

Xa estamos desexando ler a túa nova obra!!

Un adianto extraído de 
https://www.anayainfantilyjuvenil.com/

La historia del nacimiento de una amistad en momentos muy difíciles para sus protagonistas.

Blanca acaba de perder a su padre en un accidente de tráfico. Serena ha tenido que cambiar de ciudad para someterse a un tratamiento quirúrgico.

Dos niñas que se enfrentan a momentos muy difíciles de sus vidas y que encontrarán, la una en la otra, un hombro donde llorar y una mano firme en la que apoyarse.


Ata pronto!! 

Apertiñas lectoras!!

18 marzo 2022

Semana da prensa!!

 BO DÍA PEQUES e FAMILIAS!! 

Nestas semaniñas intensas non 

podiamos esquecer unha data importante 

como é...a SEMANA DA PRENSA!! 

En primeiro lugar, fixemos chegar a cada ciclo, 

dende EDUCACIÓN INFANTIL ATA 

6º DE PRIMARIA os xornais que nos solicitaron!!

Pero a emoción aumentou cando...
escoitamos os cascabeis de LIBRIA!!


Ás veces din máis as imaxes!! Aí van!!


E sabedes unha cousa?? 
Desta vez non viña soa!! 
Acompañábana os carteiros de SEXTO!! 

Así que OS PEQUES DO COLE 
recibiron a súa primeira visita!!
E seguiron polos edificios 
de EDUCACIÓN PRIMARIA!!


Pero sabedes o motivo da visita? 
Repartir varias mochiliñas cheas de 
XORNAIS E REVISTAS da biblioteca!! 



A verdade que foron 
un gran descubrimento!! 
Estannos encantando!!
GRAZAS LIBRIA e CARTEIR@S por 
encher as nosas aulas de LECTURAS!!

Nunca deixes de facer soar os teus 
cascabeis e facernos SORRIR E LER!!
Tampouco deixes de achegarnos 
a través dos EXPOSITORES de todo o cole 
as NOVIDADES que van chegando á biblioteca!!

Porque como ti ben dis sempre... 
"UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO". 
Apertiñas lectoras!!

19 febrero 2022

Unha biblioteca renovada...EN PROCESO!!

  BO DÍA PEQUES e FAMILIAS!! 

Vaia semaniñas e meses levamos!! 

Con LIBRIA ao mando a BIBLIOTECA 

sigue renovándose e, ademais, 

chegando a todos os RECUNCHOS do colexio!! 

Ás aulas en forma de MARCAPÁXINAS ou de lotes 

de libros para as BIBLIOTECAS DE AULA!!


Tamén dentro de "MOCHILIÑAS DA DIVERSIDADE"

 facendo chegar os libros da marabillosa ALBA ALONSO!!

Ou mercando máis COLECCIÓNS 
para levar a cabo os ITINERARIOS LECTORES!!

Tamén chega aos CORREDORES  de todo 
o cole con EXPOSITORES de libros que varían 
segundo as temáticas ou conmemoracións!!
 Cheos de novidades e apoiando sempre o 
PROXECTO ANUAL: "Enredando coa pesca".
E RECUNCHIÑOS LECTORES que nos encantan 
e van cambiando de ambientación!!





E que dicir da REFORMA DA BIBLIOTECA?? 

Moitas horas, meses de traballo...
 Botade unha ollada!! Cambio de cor!! 
Reorganización dos libros e cambio d
e etiquetas para unha biblio máis sinxela e práctica!
 Cartelería e expositores novos polas paredes chulísimos!! 
Moitos libros novos e...moitas novidades máis 
polas que teredes que esperar un pouquiño!!

UN ADIANTO...










Un agradecemento especial ao 
GRAN EQUIPO DE BIBLIOTECA 
e aos VOLUNTARIOS DE SEXTO que tanto axudan!! 
De feito...xa estamos en marcha coa preparación da 
SEMANA DA PRENSA!!

Despídese LIBRIA PESCADORA!!
Ata prontiño!!

12 diciembre 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS!!

  BO DÍA PEQUES e FAMILIAS!! 

Estamos a piques de rematar o trimestre 

e chegan uns diiñas cargados de emocións e agasallos!! 

Que mellor agasallo que un LIBRO?? 

LIBRIA teno claro!! 

Por iso vos quere facer unhas 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS!! 

Pinchade na imaxe:

Están organizadas por ciclos pero o ideal 

é que naveguedes por todas e seleccionedes 

segundo o NIVEL LECTOR d@s nen@s 

e os SEUS INTERESES!! 

(Pinchando en cada libro atoparedes a SINOPSE).

Este curso o PROXECTO DE CENTRO versa sobre a PESCA, O MAR...O SEU TÍTULO É: "EnREDando coa pesca", por iso atoparedes libros con esa temática. Tamén foi un trimestre de concienciación sobre a IGUALDADE da man de Alba Alonso Feijoo, por iso están incluídos os seus contos. Nuns días sacará un máis que podedes atopar na páxina https://www.realkiddys.com/ e moita información interesante!!

E RECORDADE QUE: 

"UN DÍA SEN LER 

É UN DIA PERDIDO."



APERTIÑAS LECTORAS!!

LIBRIA!!