11 diciembre 2021

Mes completiño!!

 BOA TARDE PEQUES e FAMILIAS!! 

O pasado mes de NOVEMBRO tivemos a sorte 

de contar no colexio con dúas SUPERMULLERES!! 

A primeira visita foi a de SABELA NÚÑEZ SINGALA, 

escritora do libro "O AGASALLO DE ANYA", 

que este curso leron os nenos e nenas de sexto. 

Podedes vela pinchando neste enlace:

VISITA DE SABELA.

Tamén tivemos outra visita 

grazas á ANPA!! 

ALBA ALONSO FEIJOO visitou todas as aulas do cole 

e aprendemos unha chea de cousiñas interesantes 

sobre os ESTEREOTIPOS DE XÉNERO 

e moitas cousas máis!!

Vedes esas dúas caixiñas?? 

Unha AZUL cun NENO "dentro" 

e unha ROSA cunha NENA "dentro"!! 

Pois escoitade, escoitade!! 

Que cousas tan INTERESANTES!! 

E máis agora que se achega o NADAL!! 

Nós o que queremos son 

XOGUETES A TODA COR!!

Recoméndovos o seu LIBRO de colorear, 

"JUGUETES A TODO COLOR". 

Quedámonos co seu lema 

que xa parece que comezou a calar!!


POR CERTO!! Catro segredos!! 

Alba fíxose moi amiga de LIBRIA!! 

Claro, como é escritora...

E deixou uns libros para a BIBLIO asinados!! 

XENIAL!! 

Outro... MAÑÁ está convocada 

unha "FOLGA DE...XOGUETES!!" 

Mirade, mirade...

UNÍDESVOS?? 

O terceiro... TEN MÁIS LIBROS!! 

Irán nas RECOMENDACIÓNS LECTORAS 

que xa se están terminando de cociñar... 

E, por último, os de SEXTO fixéronlle unha 

ENTREVISTA en RADIO CARCAMÁN. 

Pinchade neste enlace:

Apertiñas!! ATA PRONTO!!

09 noviembre 2021

Alba Alonso para as familias!!

  BOA TARDE FAMILIAS!! 

Seguimos co PROXECTO DE IGUALDADE 

que nos chega dende a ANPA da man 

de ALBA ALONSO FEIJOO 

cunha CHARLA PARA VÓS!!

A mesma ALBA ALONSO quixo 
convidarvos persoalmente!! 
Escoitade, escoitade!!


De seguro que merece a pena!! 
Igual que os seus libros que 
LIBRIA vos recomenda!!
 Vémonos alí!! 
Apertiñas lectoras!!

07 noviembre 2021

PROXECTO DE IGUALDADE con Alba Alonso!!

OLA PEQUES E FAMILIAS!!
Dende a ANPA OS GOLFIÑOS 

estase promovendo éste fantástico 

proxecto que inflúe moi positivamente 

en toda a comunidade educativa.
Durante unhas semaniñas temos 

a sorte de contar con  Alba Alonso Feijoo.

(Doutora en Filoloxía inglesa e Máster en “Estudios Ingleses Avanzados”. Conferenciante e formadora en seminarios educativos, colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogs educativos, revistas dixitais…) e escribe no blog Realkiddys.

Algúns dos seus libros: 

“Carla no es Carla, sino Carlos” 

y “Martin is the best”.


 
Alba estivo coa nosa "Libriña" 

(como ela agarimosamente lle chamou)

ensinándolle uns contos e firmando 

uns exemplares para a biblioteca do centro. 

LIBRIA RECOMÉNDAOS!!


Fixádevos que cara de contentas 

teñen as dúas!!!!😃
(Qué sorte tivemos🍀🍀🍀!!!)
 
A continuación podedes ver un 

pequeniño vídeo da firma de exemplares!!!!
 
 ..........................................
 
O vindeiro día 11 de Novembro ás 

19:00 horas no Salón de Plenos 

do Concello da Illa de Arousa 
Alba Alonso Feijoo dará unha charla 

sobre diversidade de xénero... 

Apuntádeo na axenda!!! 

A continuación podedes ver o Cartaz:


LIBRIA anímavos a seguir 

aprendendo xuntas e xuntos!!  

Grazas ANPA!!

ATA PRONTO!!

01 noviembre 2021

LIBRIA recomenda contos polo SAMAÍN!!

Ola lectores e lectoras!! 

CHEGOU O SAMAÍN!!

E con el...
un montón de recomendacións 
lectoras de LIBRIA!! 
Mirade todo o que montou 
polo cole!!

Expositores terroríficosssss!! 
Pero tamén entrou nas AULAS!! 
Con recunchiños de medo!!

E mooooitos CONTACONTOS 
con libros xenialmente medorentos!! 
Pero que fan moita gracia tamén!!


Ata a escuras con LANTERNA!! 
E efectos especiais!!


LIBRIA ata tivo un agasallo!! 
A LIBRIA-CABAZA!!
Que ilusión lle fixo!! 
Grazas MARIÑA de primeiro!!

Que ben o pasamos!! 
Mirade un resumo do día!!

Apertas lectoras!!

25 octubre 2021

LIBRIA visitou EDUCACIÓN INFANTIL!!

  Ola amiguiños e amiguiñas!! 

LIBRIA continúa imparable!! 

Fai uns diiñas visitou ás nenas 

e nenos de EDUCACIÓN INFANTIL!! 

Xusto os atopou entrando e uniuse!! 

Así que cumpriu todos os PROTOCOLOS 

seguindo a guía do alumnado 

e da mestra!! Primeiro xel 

seguindo todos os pasos!!

Despois desinfectou ben os pés!!

E xa podía pasar!! 

Primeiro visitou a aula dos maiores 

e entregou o carné a un neno novo!!

E despois tocoulle aos 
PEQUES do cole!! 
VAIA RECIBIMENTO!!
Entregoulles os carnés a todos 
e todas e pasaron un momento xenial!! 
Neste supervídeo resúmese toda a visita!!
 DISFRUTÁDEO!!
E recordade que 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO". 
Apertiñas lectoras!!

10 octubre 2021

BENVIDA LIBRIA!!

  Ola amiguiños e amiguiñas!! 

Xa fai unhas semaniñas comezou 

un novo curso e LIBRIA púxose con 

todos os preparativos para que A LECTURA

volvese a todas as aulas do colexio!! 

VAIA SORPRESÓN O VENRES!! 

O que non esperabamos 

era vela en persoa!! 


Semellaba un pouco tímida pero pronto 
se luciu co seu saúdo COVID! 

Máis a nova máscara!!

Sabedes por que nos visitou?? 

Para entregar os CARNÉS de biblioteca 

ás nenas e nenos que comezaban 

no cole este curso en primaria!! 

Como os de primeiro 

e algún máis noutras aulas!!


En terceiro e cuarto tamén!!

Aquí vai un vídeo con moitas 
das emocións vividas ese día!! 
Pronto se vivirán tamén en 
EDUCACIÓN INFANTIL... 
Estade atent@s!! 


E recordade que: 
"UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!

20 junio 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN

 Ola amiguiños e amiguiñas!!

Este curso está chegando ao seu fin, 

e chega o verán e as vacacións!!

Durante ese tempo podemos disfrutar de moitos xeitos, 

e un deles é viaxando cun libro!!

Déixovos algunhas recomendacións para que vos 

embarquedes na fantástica aventura da lectura!

Espero que vos gusten!!

Escollede ciclo e a continuación premede
nas imaxes de cada libro para saber máis deles.






E a continuación algunhas recomendacións 
de libros chulísimos en lingua inglesa.


Disfrutade moitísimo da lectura este verán!!

Recordade o meu lema:

"Un día sen ler é un día perdido"

Apertiñas lectoras!!!