08 noviembre 2025

Apadriñamentos lectores!!

Ola peques e familias!! 

O día das Bibliotecas Escolares demos comezo a esta preciosa actividade que nos acompañará durante todo o curso!! 

Nos seguintes días continuaron as presentacións dos demais grupos e chegaron a Libria algunhas fotos estupendas que reflexan os vínculos e momentos tan bonitos que se crean entre o alumnado de diferentes idades!! 

Primeiro sempre nos presentamos e despois deixamos que xurda a MAXIA LECTORA!!

 Incluso con momentos en que os/as peques collen as rendas da actividade e se lanzan a lerlle aos maiores!!

Algúns grupos ata se acompañaron noutro tipo de actividades!! Podemos velo no seguinte enlace:

BLOG DE 6ºB

E isto non fixo máis que comezar!! Iremos compartindo con vós algunha cousiña máis que aconteza no seo desta actividade!! 

VIVAN OS APADRIÑAMENTOS LECTORES!!

E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!