16 mayo 2023
10 mayo 2023
A XANELA DO MAXÍN
Ola peques e
familias!!
O pasado xoves
@axaneladomaxin sorprendeu ao alumnado de infantil e primeiro ciclo cun conto
orixinal sobre as 4R: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR.
Pero non foi tan doado como parecía porque ao comezo a nosa contacontos presentounos 4 caixas de 4 cores diferentes e tivemos que axudala a decidir cal escoller 👉
Comezamos pola caixa azul que escondía a un home misterioso que gastaba demasiada auga regando sempre á mesma flor...💧
Continuamos coa caixa amarela que foi a que máis nos marabillou xa que apareceu un pequeno robot feito todo CON MATERIAL RECICLADO!!
A seguinte caixa foi a vermella...que mal a xente que bota os plásticos ao lume contamina demasiado o aire que respiramos...como podemos facer para recuperalo? Entre todos e todas demos moitas solucións 😊
E por último tocou a caixa verde, que escondía 4 pequenos contedores, pero…que raro!!para que serve o vermello?? A ver si conseguimos descubrilo...😏
E así foi como, ademais de recordar todo o que podemos facer para poñer en práctica a regra das 4R coñecemos dunha maneira divertida os 4 elementos que compoñen a natureza: auga, aire, lume e terra 👏
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
08 mayo 2023
RETO SUPERADO!!
OLA PEQUES E
FAMILIAS!!
“Un día
espertei de madrugada e no meu maxín comezaron a
xurdir versos
preciosos sobre a ESCRITURA e iso non é todo!! Parecía que tamén
tiñan ritmo!!
Estábao escoitando como se soasen gaitas na miña habitación!! Non
quixen deixar
pasar esa ocasión e levanteime para ESCRIBIR todo o que na miña
cabeza ía
aparecendo...”
Así é como Libria
decidiu escribir a canción que cada día soa no timbre do cole e que é o himno
do noso proxecto: “Dálle ao lapis, Carcamán”!!
Hai uns días que
xa adiantábamos cal ía ser o reto pero agora chegou o día de presentar estes marabillosos
traballos que fixeron, con tanto agarimo, os nosos nenos e nenas do cole!!
Aínda que antes
de desvelar o traballo final imos presentar toda a canción por si alguén se atreve
a cantar con nós 😊
|
DÁLLE AO LAPIS, CARCAMÁN. Dálle ao lapis, Carcamán, o maxín deixa voar, no papel deixa que pouse e un mundo has inventar.
Lailará-lalala-la, lailará-larala-la lailará-lalailarala dálle ao lapis, Carcamán!
Dálle ao lapis, Carcamá, coas palabras has xogar, coa ledicia, medos, risas, contos, cantos vas crear. |
Lailará-lalala-la, lailará-larala-la lailará-lalailarala dálle ao lapis, Carcamá!
Dálle ao lapis, Carcamán, que o escrito ha perdurar e os días no Torre Illa para sempre vas lembrar. Lailará-lalala-la, lailará-larala-la lailará-lalailarala dálle ao lapis, Carcamán!
|
24 abril 2023
A CANTAR!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
O pasado venres
todo o cole saíu ao patio na hora de lectura para conmemorar o Día do Libro.
A canción,
composta por Libria, é o himno que fai honra este ano ao noso proxecto de
centro e do que levamos falando estes últimos meses: “DALLE AO LAPIS,
CARCAMÁN!!”
Aquí deixamos unha
proba gráfica do ben que o fixemos...💃
E...falando de canción, comeza outro novo reto!!
Esta vez todo o
alumnado do cole terá que ilustrar cada verso ou o retrouso que compón a nosa canción.
Para que a cada
curso lle fose máis fácil entender as normas, Libria mandou unha carta
personalizada a cada grupo.
Esperamos poder
colgar moi pronto o resultado😁
Libria ten ben merecida esa onda que lle dedicaron algún nenos e nenas do cole😍
E recordade que..."UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!
17 abril 2023
FOMOS DE CONCERTO!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
O PASADO XOVES TODO O COLE FOMOS CAMIÑANDO ATA O AUDITORIO...
ALÍ O GRUPO LONTREIRA TÍÑANOS PREPARADO UN GRAN CONCERTO, FÍXONOS CANTAR E BAILAR, QUE BEN O PASAMOS 😍!!
SE QUEREDES VER COMO O DESFRUTAMOS SÓ TENDES QUE PREMER NO SEGUINTE VÍDEO, ESPERAMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS 😁!!
NESTA VIAXE POLAS LETRAS COMPOSTAS POR LONTREIRA DESCUBRIMOS QUE PARA COMPOÑER UNHA CANCIÓN FAI FALTA ESCRIBIR MOITO, POR ISO NÓS IMOS CONTINUAR CO NOSO PROXECTO DE "DALLE AO LAPIS, CARCAMÁN"
RECORDADE QUE..."UN DÍA SEN LER E SEN ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!



.jpg)

.jpg)



.jpg)
.jpg)



.jpg)
.jpg)

.jpg)










