Ola peques e familias!!
O 24 de outubro conmemórase o DÍA DAS NOSAS BIBLIOTECAS!! No noso cole é un recunchiño moi especial a onde o alumnado sempre quere volver e iso é a maior motivación para seguir traballando e introducindo novidades!! Aquí teñen un lugar seguro e tranquilo onde a lectura lles traslada a vivir aventuras, aprender e disfrutar!!
Pero tamén poden desenvolver a súa creatividade, a lóxica e o razoamento cos xogos ou a competencia dixital, entre outras moitas cousas!! A convivencia entre peques de diferentes idades que se axudan, se complementan e se divirten xuntos/as é outra marabilla da nosa biblioteca! Ademais, de que é preciosa e está moi actualizada, ben equipada e ten á mellor mascota do mundo mundial, a nosa Libria!! Que afortunados/as somos!!
Pero hoxe pode ser un bo día para visibilizar tamén un pouquiño do traballo que hai detrás. Horas e horas invisibles do equipo de biblioteca e dos/as voluntarios/as de sexto que cando comezan a colaborar se sorprenden!!
É moi chulo escoitar os seus comentarios a este respecto e a súa disposición por axudar e facer todo máis sinxelo!!
A biblio ofrece actividades que requiren moita preparación, como as que ofrecemos na planta de abaixo coa súa xestión de pases, comprobación de que os materiais estén a punto (afiar, repoñer cores gastadas, ordear lapiceiros...) e moito máis!!
Pero tamén a posta a punto das mochilas ou maletíns viaxeiros antes de chegar ás aulas e as casas ou libro por libro dos espectáculos!!
Ou a decoración de espazos para sorprender e motivar!! E a selección de contos relacionados con cada momento ou conmemoración!!
A xestión do voluntariado tamén require de moitas reunións, reorganizacións e xestións!! Pero a verdade que é unha das actividades que máis merece a pena por todo!!
Aínda que a maioría das horas se invirten na xestión dos fondos. Realízanse expurgos necesarios cada pouco, baixas, actualizacións, valoración de novidades interesantes coa súa correspondente catalogación e pegado de códigos...
A parte estética tamén é importante e estamos pendentes dela día a día pero a grande reforma tivo lugar fai uns aniños cando, chegado o COVID, decidimos darlle unha gran volta!! Recordemos un pouquiño...
Reorganizar, pintar, expurgar, medir, colocar... moitas horas que foron traducíndose en pequenos cambios e desembocaron nunha grande inauguración e que hoxe se ven reflexadas nun estupendo resultado!!
GRAZAS a todas e cada unha das persoas que formastes e formades parte do EQUIPO DE BIBLIOTECA e a todas aquelas que doutras maneiras sempre estades dispostas a axudar!!
VIVA A BIBLIOTECA DO CEIP TORRE ILLA!!
Apertiñas lectoras!!
Encantoume a decoración da biblioteca.🥰🎃
ResponderEliminar