Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Benvida. Mostrar todas las entradas
27 septiembre 2025
16 octubre 2024
Xornadas de benvida para Educación Infantil!!
Ola peques e familias!!
Por fin o tempo nos permitiu recibir como se merecen aos máis peques do cole!! Sobre todo, aos recén chegados!! LIBRIA estaba desexando presentarse e parece que el@s tamén coñecela!!
Foi unha xornada marabillosa!! E marcharon cargadiños de agasallos e con moitas ganas de volver!!
Para despedirnos
recordade que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
01 octubre 2024
Xornadas de benvida!!
Ola peques e familias!!
Para LIBRIA un dos momentos máis importantes de principio de curso son as XORNADAS DE BENVIDA para @s peques que chegan nov@s ao cole, tanto en Educación Infantil como en 1º de primaria!! Aos últimos xa @s recibiu a pasada semana na biblio!!
Foi mooooi emocionante para tod@s!!
Recibiunos con apertas e sorrisos, ensinoulles detidamente a biblioteca e fíxolles entrega dos CARNÉS e dun AGASALLIÑO LECTOR para tod@s!! Un precioso marcapáxinas!!
Esperamos que a visiten moito e que recorden que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
02 octubre 2023
Benvida aos peques de primeiro!!
Ola peques e familias!!
A semana pasada Libria recibiu aos peques de primeiro na biblio para ensinarlla, poder coñecel@s e entregarlle os CARNÉS aos que chegaron nov@s ao cole!! Foi moi emocionante!! Ademais, tiña unha SORPRESIÑA para tod@s!! Esta Libria é xenial!!
Podedes velo todo con detalle
no seguinte BLOG
(pinchade no enlace):
BLOG DE PRIMEIRO A
E hoxe por fin tivo lugar a APERTURA nos recreos e comezou o PRÉSTAMO DE LIBROS PARA A CASA!!
Foi todo un éxito!!
Estades atent@s que prontiño
haberá entrada!!
E recordade que...
"UN DÍA SEN LER,
É UN DÍA PERDIDO".
Apertiñas lectoras!!
03 octubre 2022
A BIBLIO xa funciona a tope!!
Ola peques e familias!!
DENDE QUE COMEZAMOS
O NOVO CURSO...
LIBRIA non deixou
de sorprendernos!!
O primeiro foi abrir a BIBLIO
RENOVADA nos recreos!!
Está sempre a tope!!
Pero respectamos moi ben
as normas!! Ela e o equipo
de biblio están encantadas!!
Despois recibiu aos peques do cole
na biblio para darlles á BENVIDA!! Preparoulles os CARNÉS
e uns AGASALLOS!!
Comezamos cos pequechos
e pequechas do cole...
Os agasallos foron
uns libros de pegatinas!!
As súas caras dino todo,
verdade??
E, por suposto,
entregou os CARNÉS aos
nenos e nenas novos!!
Despois tocoulles
aos compis de primeiro!!
Nos seus BLOGS
cóntannolo todiño!!
BLOG DE PRIMEIRO A
BLOG DE PRIMEIRO B
Estes son os MARCAPÁXINAS
MOLÓNS!! Son magnéticos!!
E falta segundo!! Aquí están!!
Chegaban moi emocionad@s!!
E...unha foto de DESPEDIDA!!
Libria continuou por terceiro!!
Quedou moi sorprendida
co que lle contaron!!
Están lendo un conto
de PISTAS e...
pasan cousas misteriosas!!
Por exemplo...
a desaparición duns libros
que están investigando!!
Teñen PISTAS, SOSPEITOSOS...
LIBRIA comprometeuse
a axudarlles!!
E non quere rematar
esta entrada sen darlle
as GRAZAS
aos seus axudantes!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























































