Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Letras Galegas. Mostrar todas las entradas

17 mayo 2026

Día das Letras Galegas!!

  Ola peques e familias!! 

Hoxe é un día moi importante!! 
É o día da nosa lingua, do GALEGO!!
No cole xa levamos unhas semaniñas profundizando sobre este día!! Comezamos lendo o libriño que nos agasallou Libria titulado: "Bego e o mundo do revés", e acudindo a o seu espectáculo!! 
Despois participamos na preciosa actividade MAREA DE PEIXES, na que decoramos uns preciosos peixes e despois escribimos neles a nosa palabra favorita en galego!! Agora atópanse colgados na biblioteca municipal!!
Tamén lemos contos relacionados con este día e coñecemos máis sobre a figura de Begoña Caamaño!! Libria mercou contos moi interesantes!! Realizamos algunha actividade e tivemos a sorte de contar con Sara que foi profe do noso cole e amiga de Begoña Caamaño. Os seus antigos/as alumnos/as realizáronlle unha entrevista ben interesante!! 
Aquí queda o enlace!!
Para rematar, tivo lugar a publicación un curso máis da REVISTA CARCAMÁN!! Nos vos perdades detalle!!
E recordade que: 
O DÍA DA NOSA LINGUA, 
DEBE SER TODOS OS DÍAS!! 
Apertiñas galegas!!

09 mayo 2026

Un día moi especial!!

 Ola peques e familias!! 
Libria visitounos a semana do libro cunha SORPRESA moi especial!! Agasallounos cun libro a todo o alumnado e profesorado sobre a homenaxeada no Día das Letras Galegas, Begoña Caamaño. Dende aí en todas as aulas se preparou con ilusión esa lectura para a chegada do gran día do ESPECTÁCULO ao que acudiriamos todo o cole!! 
E o momento chegou e con SORPRESA ENGADIDA!! A primeira hora da mañá apareceu no cole a ILUSTRADORA do libro, Alba Stinson, que nos visitaba para asinar todos os libriños!!

 Foi un momentiño marabilloso!! E todas as clases puidemos facer unha fotiño de grupo con ela!! Aquí algunhas!!
 Rematada esta actividade puxemos rumbo ao auditorio seguindo unha fila interminable de personiñas ilusionadas!! 
O espectáculo non defraudou!! VERO RILO E LUIS IGLESIAS presentáronnos un CONTACONTOS MUSICADO que nos enganchou dende o primeiro minuto e nos fixo revivir as aventuras do libro e coñecer máis sobre a conmemoración do Día das Letras Galegas e a figura homenaxeada deste ano. 
Como curiosidade contáronnos que este día lévase celebrando 64 anos e só 7 deles as homenaxeadas foron mulleres (ou 8 se contamos ás cantareiras e pandereteiras o ano pasado). Dende logo un dato para reflexionar!! Menos mal que a tendencia está mudando cara unha conmemoración máis xusta e igualitaria.
Unha vez máis, Libria conseguiu unha MOTIVACIÓN DE CARA Á LECTURA estupenda!! 
Rematamos cun agradecemento especial á colaboración do Concello da Illa de Arousa que o fixo posible, ademais da editorial Galaxia, en especial, á ilustradora Alba!!
Recordámosvos que na entrada anterior vos pedimos colaboración para unha investigación, podedes axudarnos?? Mil grazas de antemán!!
E recordade que:
 "UN DÍA SEN LER, 
É UN DÍA PERDIDO"
e que...
"Cada libro 
ten unha chave invisible 
que pode cambiar o mundo"
Apertiñas lectoras!!

06 mayo 2026

Preparando o día das LETRAS GALEGAS!!

 Ola peques e familias!! 

Por fin chegou a data!! Este venres, se o tempo o permite, todo o alumnado e profesorado do cole acudiremos ao auditorio a disfrutar dun ESPECTÁCULO sobre as LETRAS GALEGAS e, especialmente, sobre a homenaxeada este ano: Begoña Caamaño.

Previamente, como xa vos contamos, Libria agasallounos a todos/as cun libro para cada un/unha que recolle un conto con aventuras baseadas na vida e obra da escritora e no cal se inspira o espectáculo. 
Xa o temos lido e estamos preparados/as para a aventura literaria que nos espera o venres!! Que emocionante foi recorrer as aulas do cole e que todas con diferentes idades vibrasen en torno ao mesmo libro!!

 Diferentes formas de ler, de contar, de imaxinar... diferentes actividades en torno a un libro común e á motivación pola lectura!!



Aquí vos deixamos o CARTAZ:


Na seguinte ligazón podedes consultar información sobre ela:
SEMINARIO GALÁN
Aquí concretamente a súa obra:
OBRA BEGOÑA CAAMAÑO
Para rematar, toca pedirvos colaboración xa que Libria e o seu equipo tivemos noticias de que Begoña estivo vinculada á Illa de Arousa. Poderiades axudarnos a descubrir máis sobre esta información? Contádenos en comentarios todo o que saibades!! Moitas grazas de antemán!!

E recordade que: 

"Un día sen ler, 

é un día perdido"
Apertiñas lectoras!!

18 mayo 2025

Feliz DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

  Ola peques e familias!! 

No cole levamos uns días festexando o DÍA DAS LETRAS GALEGAS de moitas maneiras!! Unha delas é coa lectura de preciosos libros sobre as nosas CANTAREIRAS!! 

Tamén neste día chega a esperada publicación da TRADICIONAL REVISTA CARCAMÁN!! A gran revista dixital do noso cole!! Aquí vos queda o enlace para que poidades disfrutala en familia!! Tamén sale Libria!! A ver se conseguides atopala!! Contádenolo en comentarios!!


Apertiñas galegas!!

12 mayo 2025

Chegan moitos libros NOVOS!!

 Ola peques e familias!! 

Como todas as semanas a biblioteca encheuse de moitas NOVIDADES nos seus fondos!! Hoxe presentámosvos algúns dos libros novos que chegaron para apoiar o traballo no proxecto deste curso: 

"AROUSA EN TRADICIÓN", 

tamén relacionados co DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Entre eles, contamos cuns libros preciosos sobre as nosas PANDERETEIRAS homenaxeadas este ano!!

Tamén mercamos moitos libros de TEATRO xa que é o tema deste curso da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia!! 

Para complementar o gran traballo que se está realizando na transformación do PATIO para conseguir dinamizalo decidímonos por estes libros tan interesantes!! 

 Canto por ler e por aprender!! Porque recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

09 junio 2024

Apadriñamento dunha DORNA!!

Ola peques e familias!! 

Este curso grazas ao proxecto "BENESTART" tivo un plus de ARTE e de CONVIVENCIA!! Unha das actividades estrela, foi o "APADRIÑAMENTO DUNHA DORNA"!!

 

Recibímola con moita ilusión!!


 O obxectivo era restaurala, pintala e que volvese a navegar!! Primeiro tocou que cada nen@ plasmase nun papel a súa idea!!

 Despois elexíronse varias e, coa gran axuda do profe Toño, puxémonos mans á obra!! 

Foi unha experiencia preciosa que implicou a todo o cole e que LIBRIA non quixo perderse, así que pincel en man ela tamén axudou!! 

Quedou espectacular!! Está exposta xunto cos debuxiños de tod@s @s peques no AUDITORIO DO CONCELLO!! Animádevos a visitala!!

 Ademais, todos os deseños formaron parte deste precioso collage!! 

Grazas ao EDLG do cole e á 

ç

por todo!! 

Desexámoslle á nosa dorniña moitas viaxes estupendas!! 

Apertiñas lectoras!!