viernes, 8 de marzo de 2013

SALÓN DO LIBRO INFANTIL DE PONTEVEDRA

 As máquinas inventáronse para solucionar grandes retos: un guindastre ou unha escavadora son máquinas; pero tamén o son unha bicicleta, os foguetes espaciais ou un simple coitelo, ou un ordenador, as escaleiras mecánicas… todos eles son máquinas e teñen en común unha cousa: son inventos humanos que reducen o esforzo necesario para realizar un traballo.
A máquina como o aparato que move o mundo, como artefacto que fai realidade todo o que imaxinemos. Por exemplo: unha máquina para pintar, unha máquina para escribir contos, outra para facer chicles, unha máquina para facer cóxegas, unha máquina para volverse invisible, etc.O ser humano como máquina, as máquinas e o movemento, o escritor como máquina de combinar palabras, a máquina do tempo, máquinas de música… invitámosvos pois a maquinar sobre as máquinas.Inventar, crear, investigar, soñar, experimentar, construír… proxectar as ideas e facelas realidade no XIV Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2013 de Pontevedra