viernes, 31 de enero de 2014

A PREGUNTIÑA CURIOSA!!!

         E ESTADE MOI ATENTOS. A PRÓXIMA SEMANA TEMOS NOVIDADES. PARECE SER QUE LIBRIA É BASTANTE CURIOSA E QUERE FACERNOS UNHA PREGUNTA:
           POR QUE NOS SOAN AS TRIPAS CANDO TEMOS FAME?
        SE SE CHE OCORRE ALGUNHA RESPOSTA SIMPÁTICA COLLE UN PAPEL DA COR DO TEU CURSO E ESCRIBE A RESPOSTA. NON ESQUEZAS POÑER O TEU NOME.
    AS CORES DE CADA CURSO SON:
            INFANTIL- VERDE PISTACHO
            1º- AMARELO
            2º- AZUL CLARO
            3º- VERMELLO
            4º- ROSA
            5º- AZUL OSCURO
            6º- VERDE CLARO
VEÑA, ANÍMATE A PARTICIPAR. EN POUCOS DÍAS PODEREMOS VER AS RESPOSTAS MÁIS OCORRENTES!!!

NORMAS DA BIBLIOTECA

LIBRIA ESTÁ MOI CONTENTA COAS NOSAS VISITAS PERO QUERE QUE  LEMBREMOS ALGUNHA DAS NORMAS DA BIBLIOTECA POR ISO FIXO ESTE CARTEL ANUNCIÁNDOAS. MIRADE, MIRADE...
 
 

CAMBIOS NA BIBLIOTECA

SE VOS FIXASTES BEN, ESTAS SEMANAS HOUBO BASTANTE REBUMBIO NA BIBLIOTECA. DECIDIMOS FACER ALGÚNS CAMBIOS PARA APROVEITAR MELLOR O ESPACIO. ANDEIS NOVOS E MELLOR UBICACIÓN DAS COUSAS.
 

 
 
ADEMÁIS TEMOS UNHA NOVA ZONA PARA REPARAR LIBROS. SE VES ALGÚN CONTO ESTROPEADO BUSCA ESTA FOTO E METE O CONTO DENTRO DO MOBLE.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

NOVOS AXUDANTES

 E ESTA SEMANA TIVEMOS CATRO NOVOS AXUDANTES: ÁFRICA FALCÓN E AROA DIOS DE 5ºA E AARÓN OTERO E PAULA IGLESIAS DE 3º B.
 

 

domingo, 26 de enero de 2014

AXUDANTES SEMANAIS

A cousa xa vai rodada e pouco a pouco imos collendo novas responsabilidades. O que máis nos gusta é facer o servizo de préstamos e devolucións...
Esta semana os encargados foron Genma Oubiña (6ºB), Iago Galiñanes (3ºA) e Jenifer Otero (5ºB).
 
 

 

lunes, 20 de enero de 2014

OS PEQUECHOS VISITAN A LIBRIA

Os nenos e nenas de tres anos viñeron hoxe pola biblioteca para visitar a Libria e , de paso, recoller as bolsas coas que levaran  libros emprestados para casa.

Semella que á nosa mascota  gustoulle a visita e que o pasaron moi ben. Mirade como chiscan o ollo e poñen a boca como Libria.


Pero tamén houbo tempo para a lectura...
E para compartir a nosa experiencia lectora cos amigos.
Mirade que concentrados están todos.
Lucas estivo moi concentrado no seu libro. Semella que acertou escollendo.
Pero chegou a hora da despedida. Ata outro día Libria!
E mirade que sorpresa. Cando marchamos atopamos no patio co camión dos bombeiros. Que sorte!

domingo, 19 de enero de 2014

Axudantes de Libria

Xa sabemos que andabades ansiosos/as por coñecer os axudantes destas semanas pasadas. Non nos esquecemos deles. Rematamos o ano con Aarón Llamazares e Marta Maestú de 3º B; Rodrigo Padín e Aarón Toledano de 4º B.
E comezamos o 2014 con Rubén Poza e Paula Pérez de 3ºC e Fernando Cores e Lúa Dios de 3º A.
 
Mirade que guapos!!!