Biblio Torre Illa
O blog da biblioteca do CEIP Torre Illa
jueves, 26 de enero de 2023
miércoles, 11 de enero de 2023
Visita da escritora SABELA NÚÑEZ SINGALA!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!
Non podemos deixar de lembrar unha visita
que recibimos fai pouco da escritora SABELA NÚÑEZ SINGALA! Aos rapaces e
rapazas de 6º encantounos! Mestres/as e alumnado quedamos marabillados coa
historia de Xiana e Anya e todas as cousas que Sabela nos contou de Ucraína.
Tamén aproveitamos a ocasión para facerlle unha entrevistiña en Radio Carcamán e practicar as nosas dotes como periodistas.
Se queres
escoitala, só tes que facer clic no seguinte enlace.
https://www.youtube.com/watch?v=RGQGJP6eN44
Foi un pracer
poder coñecerte Sabela, Libria xa está desexando verte de novo pola nosa
biblioteca.
Recomendámosvos que leades este fantástico libro, gustaravos seguro.
E recordade… UN
DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO.
APERTAS LECTORAS!
lunes, 19 de diciembre de 2022
E XA CASE ESTAMOS EN FIN DE ANO!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
ESTE ANO, O XOVES 22, FAREMOS UNHA GRAN FESTA RACHADA PARA CELEBRAR O FIN DE ANO CUNHA NOVIDADE ESPECIAL...TEREMOS A MENSAXE DO REI EN DIRECTO!!
NON ESQUEZADES QUE: "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"
BO NADAL FAMILIAS LECTORAS!!
sábado, 17 de diciembre de 2022
RECOMENDACIÓNS LECTORAS DO NADAL
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
AS VACACIÓNS XA ESTÁN MOI PRETO E CON ELAS CHEGAN... AS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA ESTE NADAL 2022!!
ESPERAMOS QUE VOS RESULTEN DE UTILIDADE!!
O EQUIPO DE BIBLIOTECA DESÉXALLES UN BO NADAL E RECORDEN QUE...
"UN DÍA SEN LER É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!
miércoles, 14 de diciembre de 2022
E xa comenzaron a rodar... as MOCHILAS VIAXEIRAS!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
NESTAS ÚLTIMAS SEMANAS LIBRIA E OS SEUS AXUDANTES REPARTIRON EN TÓDALAS AULAS UNHAS MOCHILAS QUE VIAXARÁN ÁS CASAS DE TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE PARA ENCHELAS DE MAXIA, SOÑOS E AVENTURAS!!!
DESEXAMOS QUE DESFRUTEN DA LECTURA TANTO COMO DEMOSTRARON AS SÚAS CARAS CHEAS DE LEDICIA!!!
E RECORDADE QUE...
"UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!!
sábado, 3 de diciembre de 2022
O NADAL XA CHEGOU Á BIBLIO!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
ESTA SEMANA UNS TRASNOS BOS ADICÁRONSE A DECORAR A BIBLIO PARA QUE AS
NENAS E OS NENOS DO COLE DESFRUTARAN AÍNDA MÁIS DAS SÚAS LECTURAS!!
BO NADAL A TODAS AS FAMILIAS E RECORDADE QUE: "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)