Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Samaín. Mostrar todas las entradas
29 octubre 2025
Chegou o Samaín á biblio!!
Esta semana ao entrar na biblio os/as peques atopáronse cunha sorpresa ben terrorífica!!
08 noviembre 2023
Contacontos de Samaín do alumnado do IES!!
Ola peques e familias!Sabedes quen veu visitar a nosa biblioteca o día de Samaín? Un grupo de rapazas eprofes de 4º da ESO!Pero… non viñeron só de visita, traían preparado un supercontacontos de meeeeeedo con SUSTO incluído que puideron gozar maioresdo cole, xa que…daban un pouco de medo as súas historias de defuntiños!!Volvede pronto a visitarnos con máis contacontos! Moitas grazas por vire facernos gozar!
E RECORDADE:"UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO".Apertiñas lectoras!!LIBRIA
24 octubre 2023
Día das bibliotecas escolares algo terrorífico!!
Ola peques e familias!!
Neste día tan especial para as nosas bibliotecas houbo moitas sorpresas!!
"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS.
Unha delas foi a entrega de MARCAPÁXINAS diferentes de agasallo con cada un dos préstamos desta semana!! Aquí unha mostra:
Pero ademais... parece que o SAMAÍN tamén está chegando a este recuncho do cole!!
Libria tamén se animou a caracterizarse... e que vos parece o amiguiño que nos acompañará estas semanas??
E o máis importante, este día ven acompañado de moitas RECOMENDACIÓNS LECTORAS!! Aquí van algunhas que xa temos nos expositores!!
Feliz Samaín lector!!
06 noviembre 2022
UNHA VISITA MOI ESPERADA!!
Ola peques e familias!!
ANTES DE DESPEDIR O SAMAÍN OS MÁIS PEQUES DO COLEXIO VIÑERON VISITAR A LIBRIA E PASÁRONO... TERRORIFICAMENTE XENIAL!!
E RECORDADE QUE...
" UN DÍA SEN LER É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!
30 octubre 2022
O SAMAÍN chegou á biblioteca!!
Ola peques e familias!!
COA CHEGADA DO SAMAÍN, LIBRIA QUIXO DECORAR A BIBLIO PARA QUE NENOS E NENAS O PASASEN TERRORIFICAMENTE BEN CANDO VIÑESEN LER...
E ESTE FOI O RESULTADO....
E RECORDADE QUE...
" UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

















































