Xa están listas as guías que elaborou o alumnado logo do seu traballo de investigación. Traballamos o texto informativo e aprendimos moitas cousas novas, coma a utilización dos códigos QR, por non falar de tódolos aspectos que descoñecíamos da nosa localidade. As nosas guías pódense consultar na exposición que hai na entrada do colexio e próximamente estarán no concello a disposición de todos os visitantes, que foi o propósito para o que as creamos. Aquí tendes unha pequena mostra. Agardamos que vos gusten!
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 20015-2016. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Curso 20015-2016. Mostrar todas las entradas
01 julio 2016
30 junio 2016
15 junio 2016
ESTREA DO DOCUMENTAL "A CHAVE PARA 6000 PRESOS"
O pasado mércores 8 de xuño estreouse no auditorio do concello o documental no que levan traballando dende o comezo de curso o alumnado de 4º B, xunto cos mestres e mestras Alicia, Carlos, Gonzalo e María.
No documental, que aborda como era a vida antes e despois da ponte, hai cabida para a nostalxia, a emotividade e o riso. Que antes non había coches e que todos eran como unha gran familia xa se sabía, pero tamén se descobren anécdotas desas que non salen na hemeroteca. Para ver a presentación do documental segue o seguinte enlace: PRESENTACIÓN DO DOCUMENTAL
03 junio 2016
APADRIÑAMENTOS LECTORES
Compartir un libro é unha experiencia inesquecible. Nesta actividade os maiores convertíronse en padriños dos máis pequenos para agasallalos, como fan os padriños. Nesta ocasión o agasallo foi unha lectura especialmente escollida pensando neles.Todo o colexio viviu este momento con ilusión e moita expectación. E o patio encheuse de lecturas compartidas.
27 mayo 2016
LETRAS GALEGAS
No colexio festexamos as Letras Galegas con talleres creativos: "Hip hop con Manuel María", Kamishibai, decoración de camisetas e talleres de manualidades e de cociña. O alumnado de 3º elaborou este mural para o seu corredor cunha poesía de Manuel María que garda moita relación co noso proxecto deste curso.
Por outra banda, o Diario de Arousa informou das actividades realizadas estes días no colexio en colaboración coa Biblioteca Municipal. Tamén do proxecto que estamos a desenvolver este curso dende o colexio "A Illa de Arousa, a miña localidade". Xa estamos rematando as nosas guías!
Por outra banda, o Diario de Arousa informou das actividades realizadas estes días no colexio en colaboración coa Biblioteca Municipal. Tamén do proxecto que estamos a desenvolver este curso dende o colexio "A Illa de Arousa, a miña localidade". Xa estamos rematando as nosas guías!
25 mayo 2016
PROXECTO A ILLA DE AROUSA
O alumnado de 1º de Educación Primaria xa rematou o seu mapa da Illa de Arousa. Nel situaron os principais elementos da localidade. E non esqueceron o seu colexio
24 mayo 2016
VISITA DE PATRICIA SKINER
A autora de contos infantís en lingua inglesa, Patricia Skiner, visitou a nosa biblioteca e tivo un encontro co alumnado de Educación Infantil. Patricia relatou algún dos seus contos.
12 abril 2016
ENCONTRO CON MARÍA SOLAR NA BIBLIOTECA
Hoxe o alumnado de 5º tivo a sorte de coñecer a María Solar. Logo de ler durante o curso o seu libro "O meu pesadelo favorito" tiveron ocasión de coñecer de man da autora moitos aspectos dos persoaxes, da trama, e mesmo de cómo se fraguou a obra.
María contounos tamén o que supón recibir o Premio Lazarillo, ou a emoción de ver o libro na lista White Ravens, que é un recoñecemento dos máis importantes a nivel mundial para unha obra literaria.
Pasamos unha mañá inesquecible, e quixéramos seguir escoitando máis cousas, Mágoa que todo o bo remata. Foi unha experiencia fantástica!!!
07 abril 2016
PROXECTO A ILLA DE AROUSA
Este curso o proxecto da biblioteca está centrado na nosa localidade. Afondaremos na historia, na cultura e na tradición da Illa de Arousa. Será unha oportunidade para aprender a buscar e a seleccionar información, como están a facer xa os alumnos e alumnas de 5ºB. Tamén unha oportunidade de perfeccionar o texto informativo, xa que co froito da nosa investigación, entrevistas e actividades, elaboraremos unha guía turística.
Converterémonos así en promotores da nosa localidade, amosando os atractivos culturais, paisaxísticos, gastronómicos e lúdicos que ofrece a Illa de Arousa
06 abril 2016
NAVEGANDO NA HISTORIA DA ILLA
O alumnado de 4º recibíu hai poucos días a visita de Juan Luciano Otero Besada, "Genito, exconcelleiro do municipio e autor dun documental realizado en 1969, e no que se recolle a forma de vivir dos habitantes da Illa de Arousa hai máis de 40 anos. A "Genito" preguntáronlle cómo era a vida por aquel entonces, e polos medios audiovisuais cos que elaborou o documental naquela época.
14 marzo 2016
DÍA DA MULLER
Este curso conmemoramos o "Día da Muller" lembrando a moitas mulleres importantes na historia da humanidade, que foron Premios Nobel nas diferentes profesións.
A exposición cos traballos dos cursos pódese ver na entrada do colexio.
04 marzo 2016
01 marzo 2016
A IMPORTANCIA DE LER
O alumnado de 6º B fixo, hai xa uns meses, un extraordinario programa en "RADIO CARCAMÄN". Nel, o alumnado expón os motivos polos que é importante ler. Hoxe rescatamos este programa para non esquecer que a lectura é un dos pasatempos máis recomendables.PROGRAMA DE RADIO: A IMPORTANCIA DE LER, 6ºB
16 diciembre 2015
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL
Como ven sendo habitual, xa está aquí un novo boletín de Libria con recomendacións de lectura para este nadal. Agardamos que vos gusten.
19 noviembre 2015
PREMIO NO CERTAME "OUFF ESCOLA 2015"
O corto "Quen levou a lúa?", elaborado polo alumnado e profesorado do centro ven de recibir o segundo premio do "Festival Internacional de Cine OUFF de Ourense," na súa modalidade educativa: "OUFF ESCOLA". Para recoller este premio desplazáronse ata Ourense, onde tamén puideron ver outros cortos premiados. O curso pasado xa acadaran o primeiro premio no concurso "Nos tamén creamos," así que este é o segundo galardón que reciben por "Quen levou a lúa?" NORABOA!!!
03 noviembre 2015
AS MOCHILAS VOLVEN VIAXAR
As "MOCHILAS VIAXEIRAS" saíron da biblioteca cargadas de moitas sorpresas e libros para descubrir en familia, e están desexando chegar ás vosas casas. Libria foi a encargada de achegar a primeiro as súas mochilas. Menuda sorpresa que levaron ó ver entrar á mascota da biblioteca nas aulas. Agardamos que vos gusten. Boa Viaxe!
22 octubre 2015
OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS
O 24 de outubro festexaremos o "Día da Biblioteca", e a " Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares"propuxo adicarlle ás Bibliotecas Escolares todo o mes de outubro. Por iso estes días o alumnado de Educación Infantil e primeiro de Educación Primaria estivo de visita pola biblioteca do cole e a biblioteca municipal. Aprenderon a desenvolverse nelas, e a sacarlle todo o partido mediante o préstamo dos fondos e as diferentes posibilidades que ofrece: libros, xogos, películas, ordenadores...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















