martes, 12 de abril de 2016

ENCONTRO CON MARÍA SOLAR NA BIBLIOTECA

Hoxe o alumnado de 5º tivo a sorte de coñecer a María Solar. Logo de ler durante o curso o seu libro "O meu pesadelo favorito" tiveron ocasión de coñecer de man da autora moitos aspectos dos persoaxes, da trama, e mesmo de cómo se fraguou a obra.
María contounos tamén o que supón recibir o Premio Lazarillo, ou a emoción de ver o libro na lista White Ravens, que é un recoñecemento dos máis importantes a nivel mundial para unha obra literaria.
Pasamos unha mañá inesquecible, e quixéramos seguir escoitando máis cousas, Mágoa que todo o bo remata. Foi unha experiencia fantástica!!!
Abril é o mes dos libros. A conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril e do Día do Libro o 23 de abril fai que este mes sexa moi especial para a lectura e os libros. Así que atentos porque vos agardan máis sorpresas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario