Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Igualdade. Mostrar todas las entradas
15 octubre 2025
11 diciembre 2021
Mes completiño!!
BOA TARDE PEQUES e FAMILIAS!!
O pasado mes de NOVEMBRO tivemos a sorte
de contar no colexio con dúas SUPERMULLERES!!
A primeira visita foi a de SABELA NÚÑEZ SINGALA,
escritora do libro "O AGASALLO DE ANYA",
que este curso leron os nenos e nenas de sexto.
Podedes vela pinchando neste enlace:
Tamén tivemos outra visita
grazas á ANPA!!
ALBA ALONSO FEIJOO visitou todas as aulas do cole
e aprendemos unha chea de cousiñas interesantes
sobre os ESTEREOTIPOS DE XÉNERO
e moitas cousas máis!!
Vedes esas dúas caixiñas??
Unha AZUL cun NENO "dentro"
e unha ROSA cunha NENA "dentro"!!
Pois escoitade, escoitade!!
Que cousas tan INTERESANTES!!
E máis agora que se achega o NADAL!!
Nós o que queremos son
XOGUETES A TODA COR!!
Recoméndovos o seu LIBRO de colorear,
"JUGUETES A TODO COLOR".
Quedámonos co seu lema
que xa parece que comezou a calar!!
POR CERTO!! Catro segredos!!
Alba fíxose moi amiga de LIBRIA!!
Claro, como é escritora...
E deixou uns libros para a BIBLIO asinados!!
XENIAL!!
Outro... MAÑÁ está convocada
unha "FOLGA DE...XOGUETES!!"
Mirade, mirade...
UNÍDESVOS??
O terceiro... TEN MÁIS LIBROS!!
Irán nas RECOMENDACIÓNS LECTORAS
que xa se están terminando de cociñar...
E, por último, os de SEXTO fixéronlle unha
ENTREVISTA en RADIO CARCAMÁN.
Pinchade neste enlace:
Apertiñas!! ATA PRONTO!!
09 noviembre 2021
Alba Alonso para as familias!!
BOA TARDE FAMILIAS!!
Seguimos co PROXECTO DE IGUALDADE
que nos chega dende a ANPA da man
de ALBA ALONSO FEIJOO
cunha CHARLA PARA VÓS!!
A mesma ALBA ALONSO quixo
convidarvos persoalmente!!
Escoitade, escoitade!!
Igual que os seus libros que
LIBRIA vos recomenda!!
Vémonos alí!!
Apertiñas lectoras!!
07 noviembre 2021
PROXECTO DE IGUALDADE con Alba Alonso!!
OLA PEQUES E FAMILIAS!!
Dende
a ANPA OS GOLFIÑOS
estase promovendo éste fantástico
proxecto que inflúe moi positivamente
en toda a comunidade educativa.
Durante
unhas semaniñas temos
a sorte de contar con Alba Alonso Feijoo.
(Doutora en Filoloxía inglesa e Máster en “Estudios
Ingleses Avanzados”. Conferenciante e formadora en seminarios educativos,
colabora habitualmente en diversos medios de comunicación (radio, tv, blogs
educativos, revistas dixitais…) e escribe no blog Realkiddys.
“Carla no es Carla, sino Carlos”
y “Martin is the best”.
Alba estivo coa
nosa "Libriña"
(como ela agarimosamente lle chamou)
ensinándolle uns contos e firmando
uns exemplares para a biblioteca do centro.
LIBRIA RECOMÉNDAOS!!
Fixádevos que cara de
contentas
teñen as dúas!!!!😃
(Qué sorte tivemos🍀🍀🍀!!!)
A continuación podedes
ver un
pequeniño vídeo da firma de exemplares!!!!
..........................................
O vindeiro día 11
de Novembro ás
19:00 horas no Salón de Plenos
do Concello da Illa de
Arousa
Alba Alonso Feijoo dará unha charla
sobre diversidade de xénero...
Apuntádeo na axenda!!!
A continuación podedes ver o Cartaz:
LIBRIA anímavos a seguir
aprendendo xuntas e xuntos!!
Grazas ANPA!!
ATA PRONTO!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










