Mostrando entradas con la etiqueta Día bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día bibliotecas escolares. Mostrar todas las entradas

24 octubre 2025

Día das Bibliotecas Escolares!!

Ola peques e familias!! 
O día 24 de outubro conmemórase este gran día para as bibliotecas!! Este ano cun lema ben importante:
Como todos os cursos, Libria aproveita esta celebración para poñer en marcha unha das actividades estrela... "OS APADRIÑAMENTOS/AMADRIÑAMENTOS LECTORES"!! 

As/os carteiras/os da biblio visitáronnos para entregarnos unha carta na que nos presentan esta actividade tan chula!!


Sempre nos encanta baixar á biblioteca a descubrir cal será a aula coa que compartiremos moitas AVENTURAS LECTORAS!! Ensinámosvos a primeira xuntanza de presentación!! 


Pero pronto haberá máis momentos compartidos que deixarán máis preciosas imaxes!!


E recordade que... 

"UN DÍA SEN LER, 

É UN DÍA PERDIDO". 

Apertiñas lectoras!!

26 octubre 2024

Día das Bibliotecas Escolares!!

 Ola peques e familias!! 

Chegou o GRAN DÍA!! 

Con motivo da conmemoración do DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Libria tiña todo preparado para a APERTURA DA RENOVADA PLANTA DE ABAIXO da biblio!! Que momentazo!! 

@s primeir@s en vela foron @s seus axudantes que recibiron formación para poder axudar nos recreos ao bo funcionamento da mesma!! Mirade a súa reacción!! 

Despois tocou a quenda d@s peques de Educación Infantil!! Como gozaron do momento!! 

E Libria alucinou cos debuxos que lle adicaron!! 



E, para rematar, no recreo @s nen@s dos demais cursos de primaria foron descubrindo as novidades pouco a pouco!! A resposta foi mellor incluso do esperado!! 



Esperamos que a partir de hoxe a disfruten tod@s moito e crear moitos SORRISOS!!

 E... tamén haberá oportunidade para as familias!!

Libria e o seu equipo esperámosvos cos brazos abertos!! E recordade que... "UN DÍA SEN LER, É UN DÍA PERDIDO"

Apertiñas lectoras!!

24 octubre 2023

Día das bibliotecas escolares algo terrorífico!!

 Ola peques e familias!! 

Neste día tan especial para as nosas bibliotecas houbo moitas sorpresas!! 


"O lema deste ano, "Tecendo Comunidades", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades. Estas institucións son centros de conexión e aprendizaxe, onde as historias, as experiencias e os coñecementos son os fíos que unen aos cidadáns".
 
As bibliotecas escolares galegas amosáronse, e continúan facéndoo, como unha ferramenta ao servizo da comunidade educativa ofrecendo recursos, información e apoio. Cómpre reivindicalo e celebrar que son xanelas para ler, espazos onde aprender, lugares para descubrir, para encontrarse e convivir. A rede de bibliotecas escolares de Galicia leva moitos anos tecendo espazos de encontro nos que compartir experiencias e recursos, nos que conectar coa comunidade próxima ou a máis afastada, lugares que contribúen á formación dunha cidadanía crítica, activa e comprometida.
 
A biblioteca escolar, esa biblioteca pola que pasan todas as nenas e todos os nenos do país, a primeira biblioteca que lles aprende, tamén, a usar outras, que os pon en contacto con eses outros espazos do coñecemento e do lecer, eses lugares nos que pasan moitas cousas, que son as bibliotecas públicas, eses lugares que están sempre ao noso carón: as BIBLIOTECAS. 

Unha delas foi a entrega de MARCAPÁXINAS diferentes de agasallo con cada un dos préstamos desta semana!! Aquí unha mostra:

Pero ademais... parece que o SAMAÍN tamén está chegando a este recuncho do cole!! 


Libria tamén se animou a caracterizarse... e que vos parece o amiguiño que nos acompañará estas semanas??

E o máis importante, este día ven acompañado de moitas RECOMENDACIÓNS LECTORAS!! Aquí van algunhas que xa temos nos expositores!!

Feliz Samaín lector!!