Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día do Libro. Mostrar todas las entradas
24 abril 2023
19 abril 2021
SEMANA DO LIBRO
SEMANA DO LIBRO
19-23 DE ABRIL
Ola nenas, nenos e familias!!
O venres día 23 de abril é o Día do Libro!!!
Os libros son capaces de levarnos a lugares marabillosos,
moi lonxe, e ás veces moi preto; de presentarnos atrevidos personaxes, ou tímidos...de facernos rir,
chorar, aprender...soñar!!
receitas, risas, misterios, cantigas, aventuras...
e todo o que poidamos imaxinar!!
Seguro que algunhas veces imaxinades un conto
xenial que vos gustaría compartir cos demais.
Pois aquí vos deixo uns vídeos moi interesantes
que vos poden axudar a escribir esas ideas
e transformalas en contos estupendos.
Neles tamén podedes coñecer aos autores
dalgúns contos dos que seguramente xa oístes falar.
Premede na imaxe para acceder.
XOGOS
Con estes xogos comprobaredes cantos contos coñecedes
e cantas cousas sabedes sobre eles!!
EDUCACIÓN INFANTIL
Espero que teñades unha semana xenial chea de libros!!
Porque..."un día sen ler é un día perdido".
Apertiñas lectoras!!

23 abril 2020
DÍA DO LIBRO 2020
Xa temos algunhas recomendacións dos nosos "Booktubers"
Dylan, de 1º A, achéganos esta recomendación dun libro sobre o deporte que máis lle gusta.
Silvia (2º B), e Ramón (5º B), recomendan co seu pai "O vendedor de tormentas" polo ben que o pasan cando se lembran do personaxe, e o entretida que é esta historia.
Javi, de 2º A, le para nós un pouco de "A qué sabe a lúa". Un libro fantástico.
Inés e Alberto, de 1º A, fan este vídeo cos seus libros favoritos.
Celtia, de 1º A, envíanos estas recomendación con mensaje positivo.
Dani, de 1º B, achéganos a sua torre de libros e un vídeo con eles moi bonito.
Clara, de 1º B, fainos estas recomendacións de lectura.
Iker, de 1º B, recomenda e le un pouco do conto que lle gusta.
Sergio, de 1º A, achéganos unha fantástica recomendación literaria.
Breo, de 1º B, envíanos unha torre de recomendacións dos Bolechas.
Ylenia, de 1º B, amósanos a lectura do Rea León.
Pablo, de 1º B, felicítanos coa sua torre de libros.
Miguel, de 1º A, achéganos unha recomendación moi interesante, e le un pouquiño do libro.
Leo envíanos un vídeo e un debuxo moi bonito coa súa recomendación.
E a profe Fátima, de 6º B, achéganos este consello con libros para ensinarnos a contar contos.
Miguel, de 1º A, achéganos unha recomendación moi interesante, e le un pouquiño do libro.
20 abril 2020
BOOKTUBERS POLO DÍA DO LIBRO
O mércores desta semana, 23 de abril, conmemoramos o Día Internacional do Libro. Esta é sempre unha gran data no cole, na que aproveitamos para facer actividades relacionadas con libros e con autores. Por iso, e xa que este curso a celebración vai a ser diferente, podedes enviar se vos apetece, ó correo da biblio, un vídeo no que faledes dalgún libro que vos guste, ou algunha mensaxe con frases dos vosos libros favoritos, ou ler un fragmento do libro que estades a ler agora mesmo. E ser así os "BOOKTUBERS POLO DÍA DO LIBRO".
Agardamos os vosos videos en:
bibliotecatorreilla@gmail.com
Animádevos!!!!
16 mayo 2019
MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS
A semana pasada Libria visitou as aulas de Educación Infantil e Educación Primaria.
Trouxo unha nova que deixou a todo o alumnado moi contento.
A actividade proposta na Semana do Libro en colaboración coa ONG Save the Children foi todo un éxito.
Recaudáronse 1238.86 Euros.
A solidariedade, compromiso e creatividade do alumnado permitirá que miles de nenos e nenas vítimas de conflictos armados podian ir ó colexio.
E así o acredita o diploma que o alumnado recibíu da man de Libria e dos carteiros da biblioteca.Grazas!!!!
26 abril 2019
SEMANA DO LIBRO 2019
Esta semana conmemoramos a "Semana do libro," do 23 ó 26 de abril, enchendo as "Horas de Ler" e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura. Por cada préstamo, os axudantes da biblio agasallaron con pegatinas e marcapáxinas.
Os "marcapáxinas solidarios" xa están nas casas de todo o alumnado grazas a entrega dos materiais que fixeron os carteiros da biblio, que tamén explicaron a actividade.
E todos mans á obra, que estamos desexando aportar a nosa axuda para garantir o dereito á educación dos nenos e nenas vítimas de conflictos armados.
E gozar dos mellores libros cos marcapáxinas do alumnado.03 mayo 2018
ABRIL, MES DOS LIBROS
Abril é o mes dos libros no CEIP Torre Illa. A conmemoración o 2 de abril do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e a celebración da"Semana do libro" do 23 ó 27 de abril enche as "Horas de Ler", os patios e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura.
Nos recreos da "Semana do libro" fixemos intercambio de libros no "TROCOBOOK"
Tamén visitounos Anxo Moure para contarnos algúns contos e reciclar as malas novas que saen nos xornais.
Os intercambios de lectores entre aulas deixaron momentos coma este en Educación Infantil.
E os "apadriñamentos lectores" encheron todos os recunchos do patio para que os maiores agasallaran cunha lectura ós máis pequenos.
12 mayo 2017
26 abril 2017
ABRIL, MES DOS LIBROS
Abril é o mes dos libros no CEIP Torre Illa. A conmemoración o 2 de abril do "Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil", e a celebración da "Semana do libro" do 17 ó 21 de abril enche as "Horas de Ler", os patios e as aulas de actividades moi variadas arredor da lectura.
O mércores e xoves os maiores apadriñaron ós máis pequenos, agasallando coas lecturas polos patios.
O venres 21 tivemos moitas visitas de familiares que nos falaron dos seus libros preferidos e das emocións que lles evocaban.
Tamén tivemos a visita do contacontos Servando Barreiro.
Unha semana chea de sorpresas arredor dos libros!
Enlaces ás noticias na prensa:
19 abril 2017
UN LIBRO, UNHA EMOCIÓN
![]() |
| Pixabay |
O venres 21 de abril gustaríanos que algún familiar do alumnado viñera lernos durante a "Hora de Ler" (de 12:15 a 12:35). Podería ser un conto, ou un fragmento dun libro, e quixeramos que nos falarades das emocións que vos evoca a súa lectura (por exemplo: contaxia felicidade, a súa lectura relaxa e tranquiliza, lémbravos á vosa infancia, o final e algo triste...). Deste xeito contribuiremos a mellorar o coñecemento das emocións dentro do noso proxecto EmocionArte.
Se vos animades a participar, poñédevos en contacto co titor/a .
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







































