O alumnado de 6º B fixo, hai xa uns meses, un extraordinario programa en "RADIO CARCAMÄN". Nel, o alumnado expón os motivos polos que é importante ler. Hoxe rescatamos este programa para non esquecer que a lectura é un dos pasatempos máis recomendables.PROGRAMA DE RADIO: A IMPORTANCIA DE LER, 6ºB
Mostrando entradas con la etiqueta Usuarios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Usuarios. Mostrar todas las entradas
01 marzo 2016
15 febrero 2016
UNHA VISITA INESPERADA
Non sabemos se o recente Día da Paz tivo algo que ver, xa sabedes que as pombas son un símbolo de paz. O certo é que o outro día unha pomba entrou na biblioteca a axexar. E sabedes onde foi a pousarse? Pois sí, en Libria, que estivo encantada de recibir a esta nova amiga.
22 octubre 2015
OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS
O 24 de outubro festexaremos o "Día da Biblioteca", e a " Asociación Internacional de Bibliotecas Escolares"propuxo adicarlle ás Bibliotecas Escolares todo o mes de outubro. Por iso estes días o alumnado de Educación Infantil e primeiro de Educación Primaria estivo de visita pola biblioteca do cole e a biblioteca municipal. Aprenderon a desenvolverse nelas, e a sacarlle todo o partido mediante o préstamo dos fondos e as diferentes posibilidades que ofrece: libros, xogos, películas, ordenadores...
22 abril 2015
SEMANA DO LIBRO 2015
Con motivo da celebración do Día do Libro, estamos a organizar no colexio distintas actividades, entre as que destacan as seguintes:
- HORA DE LER: despois do éxito do curso pasado, dende setembro, e durante 20 minutos despois do recreo, no colexio non se escoita nada, estamos todos a ler!

- VISITA DE IGNACIO VILARIÑO: o luns 20, o escritor, actor, contacontos, guionista... Ignacio Vilariño, autor do libro Fábula Galénica visitou aos nenos e nenas de Educación Primaria.
- INTERCAMBIOS LECTORES ENTRE AULAS: o martes 21, un ou dous representantes de cada aula agasallarán cunha lectura aos compañeiros/as de cursos inferiores.

- APADRIÑAMENTOS LECTORES: o mércores 22, os alumnos/as de 3º e 5º de Educación Primaria apadriñarán aos nenos/as de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria, respectivamente, aos que lerán individualmente un conto.
- TEATRO PAN DE MILLO: o xoves 23 disfrutaremos iremos ao Auditorio do concello para disfrutar en directo coas cancións da compañía de teatro Migallas e o seu espectáculo Merenda con Pan de millo.
- KAMISHIBAI: O xoves 23 de abril contaremos coa visita do alumnado do IES Illa de Arousa, que organizará unha actividade deKamishibai ("teatro de papel") para o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
- CARAPUCHIÑA VERMELLA: O venres 24, os alumnos de 1º B presentarán aos seus compañeiros de 1º A e 1º C unha adaptación do conto Carapuchiña Vermella.
- VISITA DE LIBRIA: o venres 24, Libria, a mascota da nosa biblioteca, visitará aos nenos e nenas de Educación Infantil.

- CONTACONTOS: o luns 27 de abril o contacontos galego Anxo Moure visitará ao alumnado de Educación Infantil co seu conto A xacia Luviñas.

- MUSICONTOS: o luns 27 a Banda de Música de Vilagarcíavisitará o centro para presentar o Musiconto "O príncipe Lino no reino de Azeleb"e recordarnos a importancia da reciclaxe.
Polos corredores do centro e nas aulas tamén quedarán pegadas da celebración deste día...

15 octubre 2014
PRIMEIRAS VISITAS NA BIBLIOTECA
Os nenos e nenas de primeiro están estes días descubrindo a biblioteca do cole e as súas posibilidades: Cómo levar un libro prestado para a casa, onde están os DVD´s, os cómics, os libros de inglés, cómo utilizar os ordenadores e os xogos e, claro está, á nosa mascota Libria, que lle lembrou as normas da biblioteca.
E parece que lles gustou moito!
23 noviembre 2012
AXUDANTES DE BIBLIOTECA
Se precisades axuda cando veñades á biblioteca, e os profes andan moi liados co préstamo e devolución de libros, lembrade que podedes preguntarlle ás nosas axudantes. Cada día serán diferentes as nenas e nenos que axuden na biblioteca, pero os atoparedes pola identificación que levan colgada do pescozo. Podedes consultarlle como atopar o libro que andades procurando ou tamén para que vos axuden a deixalo na estantería axeitada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





