Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
15 octubre 2023
23 junio 2023
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN!!
BOAS PEQUES E FAMILIAS!!
DESPOIS DUN LONGO E INTENSO CURSO TOCA DESPEDIRSE CON MÁGOA ATA O CURSO QUE VEN!
DENDE A BIBLIO QUEREMOS FACERVOS CHEGAR UNHAS PEQUENAS RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA QUE POIDADES DESFRUTAR COS PEQUES DUN DOS PRACERES QUE NOS DA A VIDA: A LECTURA!!
DESEXAMOS QUE VOS GUSTEN E QUE PASEDES UN BO VERÁN RODEADOS DAS VOSAS FAMILIAS!!
15 junio 2023
OS PEQUES DA GALIÑA AZUL VISITAN A BIBLIO!!
Boas peques e familias!!
Hai uns días recibiamos a visita dos peques da
Galiña Azul e a biblio vestiuse de gala (grazas aos voluntarios e voluntarias
de 4º e 6ºde EP) para recibilos como se merecen 😊
Despois de percorrer as diferentes instalacións
do cole, Libria acolleunos cun agasallo que levaron de recordo para as súas
aulas!!
Esperamos velos a todos e todas o ano que
ven 😁 !!
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
29 mayo 2023
Visita do autor FRAN ALONSO
Ola peques e
familias!!
O pasado venres o
alumnado de 4º e 5º de primaria tivo a visita do escritor FRAN ALONSO!!
“Douche a miña palabra” é o libro que os rapaces e rapazas de 5º están a ler este trimestre e o autor non perdeu a oportunidade de explicarlles cousas sobre a escrita, a literatura ou como se chega a escribir un libro.
Por outra banda, o alumnado de 4º tivo a sorte de escoitar na voz do escritor os poemas que compoñen o seu libro titulado “O meu gato é un poeta”!!
GRACIAS FRAN ALONSO, por asinarnos tódolos libros, foi un pracer terte connosco 😀
E RECORDADE QUE: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"!!
APERTIÑAS LECTORAS!!
22 mayo 2023
PUBLICACIÓN DA REVISTA CARCAMÁN!!
Ola peques e familias!!
A semana pasada
ademais de celebrar O DÍA DAS LETRAS GALEGAS tamén recibimos con moita ilusión
a publicación da nosa revista, A REVISTA CARCAMÁN!!
Poderedes acceder premendo
no seguinte enlace de máxima calidade ou senón directamente no vídeo que atoparedes
a continuación...
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE TANTO COMO A NÓS PARTICIPAR 😊!!
https://www.calameo.com/read/0073738177adaa2b231a0
Tamén vos deixamos unha presentación de tódalas portadas participantes porque merece a pena velas...OS NOSOS NENOS E NENAS SON UNS ARTISTAS!!
https://online.flippingbook.com/view/802459271/
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
16 mayo 2023
Visita da escritora EVA MEJUTO!
Ola peques e familias!!
A semana pasada tivemos
unha sorpresa do máis divertida, Eva Mejuto visitounos e trouxo con ela o seu
libro: Dez Gatiñas Viaxeiras!!
Pero...de que nos soa esta escritora?? Claroooo, é a autora de títulos tan coñecidos por todos nós como son...
Eva contounos o motivo que a levou a escribir este conto e ademais axudounos a crear historias, incluso nos propuxo un reto...facer a segunda parte do libro!!
Agradecémoslle moito que nos firmara tódolos exemplares que temos dos seus libros na biblio do cole.😊 PASÁMOLO XENIAL, VOLVE CANDO QUEIRAS!!
E aproveitando que mañá é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a autora deixounos o enlace para acceder á obra de teatro que escribiu adicada ao noso homenaxeado deste ano FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO, esperemos que vos guste!!
https://primaveradasletras.gal/
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTIÑAS LECTORAS!!
10 mayo 2023
A XANELA DO MAXÍN
Ola peques e
familias!!
O pasado xoves
@axaneladomaxin sorprendeu ao alumnado de infantil e primeiro ciclo cun conto
orixinal sobre as 4R: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR E RECUPERAR.
Pero non foi tan doado como parecía porque ao comezo a nosa contacontos presentounos 4 caixas de 4 cores diferentes e tivemos que axudala a decidir cal escoller 👉
Comezamos pola caixa azul que escondía a un home misterioso que gastaba demasiada auga regando sempre á mesma flor...💧
Continuamos coa caixa amarela que foi a que máis nos marabillou xa que apareceu un pequeno robot feito todo CON MATERIAL RECICLADO!!
A seguinte caixa foi a vermella...que mal a xente que bota os plásticos ao lume contamina demasiado o aire que respiramos...como podemos facer para recuperalo? Entre todos e todas demos moitas solucións 😊
E por último tocou a caixa verde, que escondía 4 pequenos contedores, pero…que raro!!para que serve o vermello?? A ver si conseguimos descubrilo...😏
E así foi como, ademais de recordar todo o que podemos facer para poñer en práctica a regra das 4R coñecemos dunha maneira divertida os 4 elementos que compoñen a natureza: auga, aire, lume e terra 👏
E recordade que: "UN DÍA SEN LER E ESCRIBIR, É UN DÍA PERDIDO"
APERTAS LECTORAS!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















